JORGE PARDO

Depedro, Bewis de la Rosa e Toni Acosta esta fin de semana en Vigo

Esta fin de semana, marcada pola celebración do Día Internacional da Muller chega con gran variedade de actividades culturais na cidade. Para máis información, preme nos títulos e, se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana en Vigo, entra na axenda de A Movida.

FESTIVAL BEMBRIVE EN PÉ – Venres ás 20:00 h na Sala Rebullón – Desde 12,00 €

Festival organizado pola plataforma cidadá Bembrive en Pé coa fin de recadar fondos para os informes técnicos que precisan para frear a obra do túnel da A-52 que partirá polo medio a parroquia viguesa.O evento contará cos concertos de Zurrumalla, Residuos Atractivas e Orquesta Neverloura.

BEWIS DE LA ROSA – Venres ás 21:00 h na Sala Master – Desde 13,20 €

A artista madrileña Bewis de la Rosa preséntanos o seu primeiro álbum ‘Amor más que nunca’ onde a artista desenvolve o concepto «rap rural». O proxecto recolle cancións, textos, videoclips e concertos performativo desde dous puntos de vista: o amoer e o mundo rural.

DEPEDRO – Venres ás 21:00 h no Mar de Vigo – Desde 23,00 €

O cantante e guitarrista Jairo Zavala, mellor coñecido como Depedro, acompañado da súa banda volve ao escenario para presentar o seu sétimo álbum de estudo titulado Un lugar perfecto, un álbum que convida a reflexionar sobre a esperanza e o amor. 

MERCADO RECICLADO – Sábado e domingo de 12:00 a 21:00 h en Simia Coworking – De balde

Felicetta Gualtieri organiza en Vigo un mercado reciclado especial vintage e de segunda man. Este vento, que promove o consumo responsable e a creatividade, contará con diversas actividades e espazos dedicados á moda sustentable, o upcycling, a música e a artesanía. Tanto sábado como domingo haberá varios obradoiros de upcycling, o sábado con pintura textil e o domingo de bolsos.

PEPA A LOBA – Sábado ás 17:30 h no Centro Comercial Vialia – De balde

O Centro Comercial acolle cada semana actuacións para o público familiar. Este sábado actuación infantil inspirada na lenda da bandoleira Pepa a Loba.

8M – Sábado ás 18:30 e as 20:00 h desde Praza España – De balde

Este sábado conmemorase o Día Internacional da Muller e hai convocadas dúas manifestacións que percorrerán o centro da cidade. Ás 18:30 h partirá a convocada polo colectivo Resposta Feminista; mentres que ás 20:00 h sairá a convocada polo grupo abolicionista As Furias. Ademais a Concellería de Igualdade ten programadas actividades feministas durante todo o mes.

LOS BENGALA – Sábado ás 21:30 h en Radar Estudios – Desde 15,40 €

Los Bengalas son unha banda de garage, rock e punk orixinaria de Zaragoza que levan tocando desde o 2014. Están de xira presentando o seu último disco, Peligro de Extinción.

MONÓLOGOS ESPECIAL DÍA DA MULLER – Sábado ás 21:30 h no Teatro Salesianos – Desde 17,50 €

Show de comedia galega con Palo Capilla, Jazmín Abuín e Arantxa Treus. Presentado por Luis Zahera e Manuel Manquiña.

TEATRO ‘UNA MADRE DE PELÍCULA’ – Domingo ás 19:30 h no Teatro García Barbón – Desde 16,90 €

Toni Acosta protagoniza esta obra de teatro de ton cómico sobre a relación nai e fillo. O recordo da súa vida e a visión do niño baleiro farán deslizarse a María por unha divertida espiral, transformando a súa cotiá realidade nunha auténtica aventura de película.

ÓPERA ‘RIGOLETTO’ – Domingo ás 19:30 h no Mar de Vigo – Desde 30,00 €

Rigoletto, de Giuseppe Verdi, teno todo como ópera: unha gran música, unha gran historia, unha orquestra que amplía a súa paleta de cores, personaxes perfilados e complexos…O argumento é unha violento melodrama de sangue e lume, cheo de personaxes e de coincidencias inconscientes

DEPO
The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado atopala en moitos dos saraos vigueses.