REVISTA ABRIL

Terrae, o paraíso ecolóxico de Vigo

En maio fará seis anos que Marcelo e Dani abriron Terrae Orgánica na rúa Venezuela, unha tenda na que conviven bar e supermercado cun demnominador común, os produtos bio. Eran consumidores de produtos ecolóxicos desde había anos e foi nunha visita á Taskatenda de Salvaterra do Miño cando decidiron mudarse de Barcelona a Vigo e comezar unha nova aventura: un supermercado e espazo de degustación de produtos ecolóxicos.

A profesión previa de ambos socios está plasmada no local. Dani, técnico en alimentación, coñecía de primeira man a industria alimentaria, a cantidade de aditivos e ingredientes insáns que conteñen os produtos procesados das grandes superficies e o baño en pesticidas que reciben as froitas e verduras que poñemos nos nosos pratos. Marcelo, deseñador gráfico, imprimiu no local unha personalidade propia, convertendo un baixo da rúa Venezuela en algo moi parecido a un xardín en calma no que evadirse cunha infusión ecolóxica, un zume de froitas funcional e un anaco de biscoito caseiro.

Terrae é o supermercado ecolóxico máis grande da provincia de Pontevedra. Nos seus estantes atopamos, como non, froita e verdura fresca moi variada, toda ela libre de pesticidas, cargada de sabor e con orixe galega; polo e tenreira ecolóxicos, algo que ninguén máis ofrece en Vigo,  e multitude de produtos que facilitan facer unha compra completa en Terrae, desde pan, a produtos de hixiene e deterxentes que non danan o medio ambiente. Ademais da tenda, Terrae é un lugar no que gozar comendo. Contan con 3 mesas na súa terraza e outras dúas resgardadas a carón da barra, nas que degustar almorzo, comida e merenda elaborados por eles mesmos con produtos que coidan da terra e das persoas.

Mentres a Covid nos mantén lonxe dos nosos restaurantes e bares favoritos, o servizo de take away é o mellor xeito de non privarnos dos seus produtos. En Terrae temos moitas opcións de pedidos. Por unha parte, podemos pedir que nos traian a compra a casa: froita e verdura, carne de polo e tenreira, lácteos, infusións, conservas, produtos de hixiene…a lista é longa. Por outra, calquera dos pratos preparados que saen do seu obrador artesanal, no que só se utilizan produtos procedentes da agricultura ecolóxica. A cesta de almorzo ou merenda pode pedirse a calquera hora do día e inclúe café, torradas, zume natural e iogur con muesli. Para a hora do xantar, elaboran ata dez pratos diferentes, que podemos combinar e degustar xunto a unha bebida e un doce do seu bar.

Terrae a domicilio

REVISTA ABRIL

Os pedidos de supermercado se realizan por teléfono (986 115 550) ou WhatsApp (658 37 41 08) con opción de envío a domicilio (gratis a partir de 50€) ou recollida no local da rúa de Venezuela, 76. Tamén nos contan que dun momento a outro terán dispoñible a compra a través da súa web https://www.terraeorganica.com/. Realizan reparto con repartidor propio en Vigo e os concellos colindantes, desde Tui ata Redondela.

Os almorzos, xantares e merendas só se reparten en Vigo, previa reserva nos mesmos teléfonos e a través da plataforma de delivery Just Eat. O menú de pratos diarios pode consultarse diariamente nas súas contas de Facebook e Instagram.

Horario:
Luns: 10:00 – 16:00 h
​​Martes – Venres: 10:00 – 20:00 h
​Sábado: 10:00 – 16:00 h

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.