Filloas e orellas de El Trigal para adozar un Entroido atípico
A ausencia de bruxas, paiasos, policías e cow boys que acostuman patrullar as rúas nestas datas pode facer que nos despistemos, pero o Entroido está á volta da esquina. O domingo marca o inicio desta festividade pagá na que as carnes de porco e os doces típicos invaden as mesas galegas. Se non queres remangarte na cociña, a Panadería El Trigal ten xa nas súas vitrinas orellas, filloas e caixas especiais de sobremesas para gozar este Entroido da mellor forma posible, a través da comida.
Non poder saír á rúa converte a gastronomía na opción máis desfrutable para o Entroido que xa está aquí. En El Trigal teñen en marcha a produción de orellas e filloas, dous dos doces típicos máis populares nestas datas. As filloas poden atoparse soas ou recheas de chocolate trufado, crema e nata. En canto ás orellas, este ano quixeron ir un paso máis aló respecto a calidade das mesmas e puxéronlle especial agarimo á recuperación do sabor de toda a vida. Por iso para elaborar as orellas utilizan fariña de trigo caaveiro, unha variedade autóctona galega que ademais está moído en muíño de pedra, ao xeito tradicional.
Ambos produtos forman parte da caixa especial de Entroido, unha edición especial que contén catro orellas, dúas filloas recheas de crema, unha de nata e outra de chocolate trufado e ten un prezo de 16,40 € . Encárganse na web con 24 horas de antelación e pode personalizarse no momento de facer o pedido, por exemplo, cunha mensaxe para esa persoa coa que non nos poderemos disfrazar este Entroido.
Esta é unha das ideas de Aldara e Amelia Durán, a segunda xeración á fronte da Panadería El Trigal, un obrador inaugurado polos seus pais hai case 28 anos na rúa de Alexandre Bóveda, 1, fronte ao estadio de Balaídos. Un negocio que creceu ao longo de case tres décadas e hoxe en día dá traballo a máis de 30 persoas e conta cun segundo local na Sede do Celta de Vigo, na rúa do Príncipe.
Pese á pandemia, o éxito de El Trigal non decae, a xente entra durante toda a mañá na procura dun café e algo doce ou salgado co que acompañalo e é que o segredo do éxito desta panadaría está na súa versatilidade. De 9 da mañá a 10 da noite o local ofrece pan de masa madre, chocolate artesán, croisants, pastas, gran variedade de bocadillos salgados, empanadas, tortas coas que celebrar calquera ocasión e un espazo de cafetería no que as mesas están sempre ocupadas por adeptos aos seus almorzos e merendas ou ao menú do día. Por suposto, isto era antes da pandemia. Aldara recoñece que a situación actual obrigounas a reinventarse, que non a baixar o ritmo, e agora están centradas no empaquetado para levar todos os seus produtos, incluíndo o seu popular menú do día.
El Trigal a domicilio
Os encargos poden facerse por teléfono (986 20 57 45) e a través da súa web https://eltrigal.com/.
As novidades e menú do día poden consultarse diariamente no seu perfil de Facebook e Instagram.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- Piacere, mirando o mar - 11 Decembro, 2024
- Alium, con gusto e sen glute - 7 Decembro, 2024
- 70 anos de sabor: Pereira publica un receitario creado por Rafa Centeno e Inés Abril - 4 Decembro, 2024
- Omichi: o camiño do bo ramen - 28 Novembro, 2024
- A quen queres ver en Castrelos en 2025? - 22 Novembro, 2024