Os vigueses que dan vida á Reconquista
A Movida fala cos actores e coas actrices que dan vida aos persoeiros da Reconquista de Vigo, para saber un pouco máis sobre a súa historia e sobre a implicación persoal deste evento. Pincha na fotografía de cada unha das personaxes para coñecer máis sobre os protagonistas desta Reconquista.
A Reconquista fixérona os vigueses e as viguesas. Por iso, os protagonistas deste artigo son esas persoas que, despois de moitos anos, nalgúns casos 20, seguen a representar aos persoeiros importantes da liberación da cidade olívica das mans francesas.
Este ano, a obra conta cunha novidade, que vén cos tempos achegados. Para impulsar o papel das mulleres na historia, esta edición cambia o seu elenco de personaxes. Trátase da incorporación de Manuela, dona do estanco, que se encargará de organizar a guerrilla contra o exército invasor.
Así, “Manuela a do estanco” comparte escenario violeta coa personaxe de Aurora, que, pode que o seu nome, como tal, non apareza nos rexistros da época, pero, desde logo, si simboliza a moitas mulleres que, coma ela e de forma anónima, contribuíron a expulsión do exército francés.
Eva M. Porto
Últimos posts de Eva M. Porto (ver todos)
- Pablo Rodríguez: «En Madrid vendeuse máis en galego que en castelán» - 11 Maio, 2020
- Ana Fontenla: «Hai moita calidade na literatura galega, creo que é unha bomba que vai estoupar» - 11 Maio, 2020
- Mónica Bernández e Miguel Lima: «O galego fai barrio e o barrio fai galegofalantes» - 11 Maio, 2020
- Miss Toxo, 50% haterismo e 50% feminismo - 16 Maio, 2019
- Coruxo Móvese pola inclusión - 7 Maio, 2019