CASAACUNHA

Os vigueses que dan vida á Reconquista

A Movida fala cos actores e coas actrices que dan vida aos persoeiros da Reconquista de Vigo, para saber un pouco máis sobre a súa historia e sobre a implicación persoal deste evento. Pincha na fotografía de cada unha das personaxes para coñecer máis sobre os protagonistas desta Reconquista.

Banner A Movidiña
  • Antón Bouzas é Chalot | Pablo V.
  • Zalo de Paramos é o Tenente Almeida | Pablo V.
  • Estrella Iglesias é Aurora | Pablo V.
  • José Manuel Veiga é Carolo | Pablo V.
  • Rosa Mª Laranxeiro é Manuela do Estanco | Pablo V.
  • César C. Taboada é o Alcalde Vázquez Varela | Pablo V.
  • Pepe Xeito é Cachamuíña | Pablo V.

A Reconquista fixérona os vigueses e as viguesas. Por iso, os protagonistas deste artigo son esas persoas que, despois de moitos anos, nalgúns casos 20, seguen a representar aos persoeiros importantes da liberación da cidade olívica das mans francesas.

Este ano, a obra conta cunha novidade, que vén cos tempos achegados. Para impulsar o papel das mulleres na historia, esta edición cambia o seu elenco de personaxes. Trátase da incorporación de Manuela, dona do estanco, que se encargará de organizar a guerrilla contra o exército invasor.

Así, “Manuela a do estanco” comparte escenario violeta coa personaxe de Aurora, que, pode que o seu nome, como tal, non apareza nos rexistros da época, pero, desde logo, si simboliza a moitas mulleres que, coma ela e de forma anónima, contribuíron a expulsión do exército francés.

 

The following two tabs change content below.

Eva M. Porto

Dende que a súa nai e o seu pai lle regalaron o libro dos por ques, decidiu que sería a nena que buscaría sempre os porqués. Estudou o Grao en estudos do galego e do español na Universidade de Vigo e no 2016 comezou o Grao de Periodismo na Universidade Europea Miguel de Cervantes. Aprendou o “oficio máis bonito do mundo” en Radio Vigo, Diario de Pontevedra e Onda Cero Ourense. Protestando dende 1993.