REVISTA ABRIL

Confinarte con cultura, a plataforma para que os artistas vigueses amosen o seu talento

O Concello acaba de lanzar a plataforma Confinarte con cultura, unha web á que todos os artistas vigueses poden subir un vídeo de ata cinco minutos de duración no que amosen a súa arte.

REVISTA ABRIL

Estamos confinados, pero a vida non se detén e moito menos a cultura. De feito, desde que foi decretado o estado de alarma non deixaron de xurdir iniciativas culturais e de entretemento a través das redes sociais. Festivais, concertos de balcón, recitais de poesía no sofá, presentacións de libros virtuais, conferencias… O Concello de Vigo quere contribuír a este bulir cultural co lanzamento da plataforma Confinarte con Cultura.

Todos os artistas vigueses poden acceder a esta plataforma e subir o seu vídeo para desta maneira chegar a un maior número de persoas. Os únicos requisitos para poder participar son: Ser ou vivir en Vigo e ter máis de 18 anos, ser artista profesional, crear un vídeo de non máis de 5 minutos de duración amosando a túa arte.

Os vídeos súbense a plataforma segundo orden de chegada. Na actualidade xa se poden visionar unha ducia de vídeos nos que vemos desde música ata teatro, pasando por poesía ou mesmo pintura. Nesta ligazón os podes visualizar.