REVISTA ABRIL

César C. Taboada (Alcalde Vázquez Varela)

César C. Taboada é o Alcalde Vázquez Varela | Pablo V.

Vostede  fai do Alcalde Vázquez Varela, cónteme o papel que desenvolve na Reconquista e na representación.

O alcalde Vázquez Varela, avogado da Real Audiencia de Galiza, foi nomeado pola veciñanza cando destituíron ao anterior alcalde, Alonso Caeiro, que era “afrencesado”. Vázquez Varela, coa axuda dos veciños e da bisbarra de Vigo, agrupámonos entre todos para liberar a vila dos franceses. É certo que, cando entraron os franceses, eu (Vázquez Varela) me rendín, pero con vistas a revelarnos máis tarde. Como así o fixeron.

Como é facer de alcalde en Vigo?

É un personaxe que me gusta moito facer e que, ademais, levo varios anos facéndoo.  Ver que, cando estás na representación, todo o mundo te está apoiando e gritando… A min polo menos enorgulléceme ser vigués e representar un alcalde que foi fundamental para que a vila de Vigo fora liberada e recuperada.

Unha boa experiencia persoal, logo?

Si. Moi gratificante. Unha experiencia moi bonita. Toda a xente que traballamos nesta experiencia coñecémonos dende fai moitos anos e somos unha familia, axudámonos uns a outros e,  cando algún se confunde sempre temos palabras de apoio de que todo ha de saír ben e, si,  como todos os anos, sae ben.

Fixeches outro personaxe en edicións anteriores?

REVISTA ABRIL

Era un dos que mataban na taberna. Un vigués do pobo.

Como alcalde de Vigo dese momento, como valora que haxa unha nova personaxe feminina na representación?

Moi ben. Estamos nun momento no que hai que reivindicar o papel das mulleres… Xa era hora de que tiveran un papel importante porque, tamén, grazas a elas, a vila de Vigo foi recuperada.

The following two tabs change content below.

Eva M. Porto

Dende que a súa nai e o seu pai lle regalaron o libro dos por ques, decidiu que sería a nena que buscaría sempre os porqués. Estudou o Grao en estudos do galego e do español na Universidade de Vigo e no 2016 comezou o Grao de Periodismo na Universidade Europea Miguel de Cervantes. Aprendou o “oficio máis bonito do mundo” en Radio Vigo, Diario de Pontevedra e Onda Cero Ourense. Protestando dende 1993.