CASAACUNHA

Pablo Rodríguez: «En Madrid vendeuse máis en galego que en castelán»

[Esta entrevista foi publicada na reportaxe Á reconquista da lingua, da revista de Maio do 2019. Pincha aquí para volver ao artigo principal]

‘Mal raio te parta’, ‘Marcho, que teño que marchar’ ou ‘Nunca choveu que non escapara’… Frases de noso que, grazas a uns licenciados en Belas Artes, locen en camisetas por todo o país. A retranca galega si ten quen lle escriba con Rei Zentolo.

Como xurdiu a idea de Rei Zentolo?

Antes xurdiron as camisetas que o Rei Zentolo. As primeiras edicións, como a dos pementos de Padrón,  non levaban a nosa marca. Logo, por petición popular, creamos Rei Zentolo.

Por que en galego?

Xurdiu dun xeito natural, pero foi gañando importancia co paso do tempo. Vimos que non había nada que nos gustase feito en galego, e como crecemos co Xabarín Club e os Heredeiros da Crus… Fixémolo porque nos molaba.  

A cultura rural está presente nas camisetas, non é?

Claro. Tamén é parte da influencia da cultura popular. Parecíannos moi potentes esas frases como «Marcho, que teño que marchar»… e así foi.

Rei Zentolo véndese fóra de Galicia?

Banner A Movidiña

Si. Tivemos varias tendas propias fóra, a de Madrid foi a que máis durou. Nesa época, contabamos con que iamos vender máis os deseños en castelán que en galego, pero non. Vendéronse máis en galego e a moita xente que non tiña vinculación directa con Galicia, pero que gustaba do noso humor.

Usades tanto o galego normativo como diferentes variantes dialectais…

Rei Zentolo ten un pouco de todo porque o tomamos dun xeito natural. O principio non é reivindicativo, pero si hai un aquel de eliminar ese prexuízo sobre que o galego non funciona. Nese sentido podemos dicir que somos máis defensores do castrapo que da normativa. Entendo que para que as cousas estean vivas teñen que moverse e evolucionar. Cando a xente se pon purista péchanse portas e nosoutros queremos xogar e ir buscando ese límite.

The following two tabs change content below.

Eva M. Porto

Dende que a súa nai e o seu pai lle regalaron o libro dos por ques, decidiu que sería a nena que buscaría sempre os porqués. Estudou o Grao en estudos do galego e do español na Universidade de Vigo e no 2016 comezou o Grao de Periodismo na Universidade Europea Miguel de Cervantes. Aprendou o “oficio máis bonito do mundo” en Radio Vigo, Diario de Pontevedra e Onda Cero Ourense. Protestando dende 1993.