CASAACUNHA

Antón Bouzas (Chalot)

Antón Bouzas é Chalot | Pablo V.

Vostede representa ao comandante Chalot, do bando inimigo, non?

Si. A un comandante (Chalot) que viña coas tropas francesas na invasión napoleónica. Era un mando intermedio. A intención, cando se pasou por Vigo era invadir Portugal, pero ao ver que Vigo era unha cidade próspera, decidiron deixar aquí unha especie de reserva para abastecer ás tropas que seguían avanzando.

Na presentación, evidentemente, algunhas cousas disto é novelado ou dramatizado e outras son reais, claro.

Que é novelado do que se representa?

En todas as descricións históricas que hai dos feitos, esta batalla non foi tan cruenta… Houbo un gran debate cando chegaron os franceses. As distintas corporacións discutiron se se ían enfrontar ou, polo contrario, habería unha capitulación.

O alcalde afrancesado pensaba que enfrontarse ao exército francés supoña unha masacre. Destituíuse a a ese alcalde e púxose un novo, que estaba máis a favor do enfrontamento. Neste contexto, Chalot quedou como comandante das tropas e como gobernador de Vigo.

Finalmente, na cidade de Vigo, daquela, había uns 10.000 habitantes e, en total, os mortos franceses foron 100 e vigueses, ao redor de 30. É dicir, que non foi tan cruenta.

É máis, hai textos recollidos nos que se poden ler as cartas que se enviaban Chalot e Vázquez Varela onde quedaba reflectida a intención de negociar.

Por outra parte, as mulleres de Vigo participaron moito na resistencia. Chegou un momento no que os franceses non tiñan víveres, nin auga… porque se lle tapaban as fontes con vexetais, por exemplo, e non atopaban os sitios con auga. Acabaron dentro das murallas, empezaron a pasar fame e necesidades…e cando se miraban débiles foi cando o alcalde lanzoulles o ultimato de ou os ides ou vos atacades. Aquí é onde se fala das mulleres das parroquias, que lle facían a vida imposible aos do exército francés.

Iso represéntase co papel personificado de Aurora e coa nova incorporación de Manuela do estanco, non?

Claro, vimos que todos os soldados tiñan os seus nomes e apelidos na historia, onde naceron, cando morreron, as medallas…E as mulleres eran descritas como anónimas e pensamos que hai que representar estas mulleres con nomes e apelidos.

Banner A Movidiña

Falábase tamén dunha enfermeira que ía a coidar dos soldados e que, logo, lles roubaba información, entre outras cosas. Cremos que era importante representar isto. É pedagóxico.

Como é representar a un do bando perdedor?

(risas) Encantado da vida porque se pasa moi ben. Cando empezamos con isto, ao principio, ninguén quería facer de francés e eu pois xa me ascendín eu mesmo a comandante.

The following two tabs change content below.

Eva M. Porto

Dende que a súa nai e o seu pai lle regalaron o libro dos por ques, decidiu que sería a nena que buscaría sempre os porqués. Estudou o Grao en estudos do galego e do español na Universidade de Vigo e no 2016 comezou o Grao de Periodismo na Universidade Europea Miguel de Cervantes. Aprendou o “oficio máis bonito do mundo” en Radio Vigo, Diario de Pontevedra e Onda Cero Ourense. Protestando dende 1993.