De catro a catro
Un, dous, tres… e catro. Esa é a cantidade de regalos de Nadal que os expertos recomendan para a rapazada. Cada vez son máis os estudos que indican que nestas se recibe un número excesivo de agasallos. Insistindo no contraproducente que iso pode resultar para a infancia, xorde a proposta para frear esas avalanchas de galanos e para aprender a regalar mellor, con obsequios que cubran unhas expectativas razoables. O obxectivo pode volverse verdadeiramente difícil, pois hai familias que parece que compiten por ver quen regala máis, quen fai o presente máis grande ou máis caro.
Desde estas verbas, animamos a seguir a regra dos catro regalos, que consiste en seleccionar catro cousas baseándose en catro principios:
1) algo para ler
2) algo para vestir
3) algo que se desexe
4) algo que se necesite
O Nadal é unha época da que a cativada pode gozar e aprender. Hai que facer ver que o máis importante non son os bens materiais, que non se deben regalar animais ou cousas que se acaben convertendo en lixo. É necesario que se vexa que que hai nenas e nenos que non teñen a fortuna de poder festexar estas datas nin recibir un agasallo; tamén debemos animar a que a nosa rapazada faga regalos, por exemplo, con xoguetes que xa non utilicen, que estean en boas condicións, para outros pequerrechos.
Lourdes Tomé
Redactora
Últimos posts de Lourdes Tomé (ver todos)
- Mobility Kids: a mobilidade como centro da saúde - 10 Xullo, 2023
- Kids&Us, inglés desde o primeiro - 22 Xuño, 2023
- Un verán no xardín - 5 Xuño, 2023
- Nubes Blancas, actividades estivais adaptadas aos máis pequenos - 24 Maio, 2023
- La Fábrica Fotografía: comungando cos recordos - 14 Abril, 2023