BANNER XERAIS

17mai17:0021:00O Miúdo Fest enche as Letras Galegas de música e diversión para os máis cativosFESTIVAIS E FEIRAS | De balde17:00 - 21:00(GMT+02:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

Tras a celebración do seu VIII Aniversario cunha romaría, a Sala Rebullón acolle un ano máis polo Día das Letras Galegas unha nova edición do Miúdo Fest, un festival pensado para os máis pequenos e pequenas da casa, cheo de música, alegría e cultura para toda a familia.

Este ano chega a súa novena edición e comeza con actividades previas que xa quentan motores para o gran día. O xoves 15 de maio, o artista Pakolas actuará ás 12:30 h no CEIP Pena de Francia. Ao día seguinte, o venres 16 de maio, será a quenda de Cintaadhesiva, que ofrecerá un concerto na Sala Rebullón ás 11:30 h para o alumnado do IES de Mos.

O prato forte do festival será o sábado 17 de maio, a partir das 17:00 h, no CSCD As Pedriñas. A xornada contará cun completo cartel para non parar de bailar e desfrutar en familia. Comezará co grupo Os Interestelares, seguido do coñecido artista Paco Nogueiras, que traerá o seu espectáculo interactivo Canto Contigo, pensado especialmente para o público infantil. Para pechar a tarde, chegarán Collón de Lola, cunha proposta musical baseada nas cancións míticas do Xabarín Club, que farán as delicias de grandes e pequenos cun toque de nostalxia e festa.

O festival remata o domingo 18 de maio, tamén nas Pedriñas, cunha proposta moi especial: o concerto de Pitiminí, ás 18:00 h, un espectáculo pensado especificamente para bebés. As entradas para este evento estarán dispoñibles antes do concerto e terán un prezo simbólico de 6 euros.

A entrada ao resto das actividades é de balde, e o festival conta co apoio de CMVMC Tameiga, Pedriñas Territorio Cultural e a Deputación de Pontevedra. Unha vez máis, o Miúdo Fest amosa que a música e a cultura galega tamén son cousa de cativos, cunha programación que aposta pola calidade, o entretemento e a lingua do país.

Máis

Hora

17 maio, 2025 17:00 - 21:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events