VIALIA
bannerPicnicSesions

Chega o 2º ciclo Máis Que Blues con catro novos concertos

Máis Que Blues volve coa súa segunda edición con, de momento,  catro concertos de blues, tanto tradicional como máis actual, na Sala Rouge. Os artistas que conformarán o ciclo serán Terry Armonica Bean, Robby People con The Congress, Mr. Sipp e Tail Dragger.

Robby People durante un dos seus concertos

Tras o éxito do primeiro ciclo Máis Que Blues/More than Blues, chega esta segunda edición que pretende extender a programación durante todo o ano. Se na anterior foron tres as confirmacións, neste temos catro de momento, ata o 15 de marzo: Terry Armonica Bean, Robby People con The Congress, Mr. Sipp  e Tail Dragger.

REVISTA ABRIL

Ademais, este ciclo organizado pola Asociación Cultural River Bucks e no que colabora Cervezas Alhambra, promete máis variedade, traendo catro nomes de distinto estilo dentro do que é a música tradicional norteamericana. Blues tradicional e Novo Blues daranse a man sobre o escenario da Sala Rouge nos próximos meses. A entradas terán un custo de 10€ anticipadas e 15€ na porta do local por cada concerto.

O primeiro será o de Terry Armonica Bean, o 16 de febreiro, un auténtico bluesman, cun estilo propio e un gran manexo da armónica. Un imprescindible dos festivais de blues de todo o mundo que dará en Vigo o seu único show en Galicia. O domingo 24 estarán Robby People xunto con The Congress, un dos novos talentos do blues estadounidense cunha das mellores bandas creadas en Denver nos últimos anos. Será o único concerto 100% blues da súa xira española.

O 10 de marzo será a quenda de Mr. Sipp, considerado un dos mellores bluesman do momento, capaz de mesturar o mellor do blues tradicional con blues máis moderno e eléctrico. Cinco días despois estará sobre o mesmo escenario Tail Dragger, un bluesman clásico nado en Arkansas que recibiu o seu alcume do mesmísimo Howlin’ Wolf. Un torbellino de enerxía, humor acedo e, sobre todo, blues.