CAMELIAS MASCOTAS

A arte, co corazón

Fotograma do videoclip de Magín Banco, “Corazón”, no que participa o alumnados do CEIP da Carrasqueira

As artes teñen o poder de mellorar a calidade de vida das persoas, como se demostrou hai xa dous anos, cando nos vimos inmersos nun confinamento e os recursos que tivemos para nos sentir mellor foron o baile, o debuxo, a música… De feito, utilízanse como terapias para impulsar e sandar os planos emocional e intelectual, para comprender o mundo ou para conectar cos demais ou con nós mesmos. Son formas de expresión que, cando se encontran coa educación, brindan para a rapazada a posibilidade de desenvolver todo o potencial que levan dentro.

REVISTA NOVEMBRO

Na casa podemos fomentar a expresión artística poñendo a disposición dos mais cativos os materiais necesarios. Bailar, cantar, debuxar, ler, modelar con plastilina ou arxila, pintar, tocar algún instrumento, xogar con bloques de construción… Hai un mundo de actividades lúdicas que achegan disciplinas universais.

O profesor Howard Gardner, pioneiro en intelixencias múltiples, dicía que un bo sistema educativo ten que alimentar e fomentar todas as formas de intelixencia, incluídas as relacionadas coa arte; en caso contrario, descoidaríanse parcelas fundamentais de potencial humano e frearía o desenvolvemento cognitivo dos nenos. Recoméndanos entón este experto favorecer a afiliación dos máis pequerrechos na arte en calquera forma, non como medio de expresión, senón tamén como un xeito de achegar o mundo que nos rodea.

Este ámbito do ensino está moi presente no CEIP da Carrasqueira, na parroquia de Coruxo, onde os alumnos de Infantil acaban de participar no vídeo do músico Magín Blanco  «Corazón», dirixido e interpretado por Pepablo Patinho e Montse Piñón, elenco da serie de montaxes teatrais A nena e o grilo. Esta experiencia tan enriquecedora para os miúdos, que mestura baile, interpretación, música e lingua de pode visualizarse en YouTube. Está feita co corazón.

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.