REVISTA ABRIL

A primeira carreira do corazón de Galicia terá lugar en Navia

Este domingo 8 temos en Navia a 1ª carreira do Corazón Cidade de Vigo, pioneira en Galicia e organizada a modo de homenaxe a Mario Fonseca Acuña. Falamos con Diego, un dos organizadores, para que nos conte como nace esta emotiva proba solidaria. Aínda podes incribirte aquí.

REVISTA ABRIL

O barrio de Navia xa ten a súa primeira carreira popular grazas á 1ª Carreira do Corazón Cidade de Vigo, que se celebrará este domingo 8 a partir das 10:00 da mañá. Esta proba nace a raíz do falecemento de Mario Fonseca Acuña a causa dunha morte súbita mentres facía o que máis lle gustaba, que era correr. Diego e máis un grupo de amigos decidiron organizar a primeira carreira de Galicia que axudase a visibilizar as enfermidades do corazón, a principal causa de morte no mundo.

Ademais da carreira cronometrada de 10 quilómetros, haberá unha andaina de seis na que poderán participar tanto maiores como menores de idade. Na de menores de 17, os 2€ da inscrición irán destinados á Asociación de Cardiópatas de Galicia Sur, ademais dun aporte en forma de comida para o Banco de Alimentos de Vigo. A andaina é libre, polo que nela cada persoa pode participar ao seu ritmo, coa súa mascota, en bicicleta… Sumando andaina e carreira, desde a organización calculan que haberá unhas 800 ou 900 persoas, unha cifra moi positiva ao tratarse da primeira edición.

Os obxectivos son, polo tanto, visibilizar e concienciar á xente sobre as enfermidades cardiovasculares, ademais de facer fincapé nos espazos cardioprotexidos. Estes son aqueles lugares que dispoñen dos elementos necesarios para asistir a unha persoa nos primeiros minutos dunha parada cardíaca. Algo que, según Diego, debería estar moito máis presente nos eventos multitudinarios. De feito, teñen como obxectivo para o ano que vén formar ao profesorado e alumnado dalgún centro local en materias de reanimación.

(GMT+01:00) Máis que Auga (Navia)