VIALIA
CAMELIAS NADAL

Moita arte e diversión no VI Navia Parque D’Arte desta fin de semana

O barrio de Navia está a preparar unha fin de semana chea de arte nas rúas con Navia Parque D’Arte, un evento que terá lugar o venres 28 e sábado 29 de setembro e no que haberá xogos, degustacións, música, baile, deporte e moito máis. 

Se queredes pasar unha fin de semana diferente, pasádevos este venres ás 19:00 por Navia, xa que a esa hora é a inauguración do VI Navia Parque D’Arte, unha serie de actividades artísticas que buscan encher o barrio vigués de vida e movemento. O sábado a festa comezará ás 11:30 da mañá e durará ata o solpor. O evento está promovido pola Asociación Veciñal Novo Vigo, que pretende dar a coñecer todas as súas actividades e convidar a outras entidades a participar.

CAMELIAS NADAL

A oferta non pode ser máis variada: xogos e obradoiros (pintacaras, panel musical, debuxo libre, malabares), animacións infantís e teatro (contos, commedia dell’Arte), música e danza (cantautores, pandeireteiras, sevillanas, breakdance, danza oriental), exhibicións e deportes (esgrima antiga, patinaxe en liña, pilates), torneo de xadrez (inscrición aquí), ata degustación de comida vegana ou recollida de penso e material para protectoras de animais.

Un total de 18 artistas participarán na programación deste ano, que estará dirixida tanto a adultos como ao público infantil. Os artistas e entidades que poderemos gozar esta fin de semana serán Inthecisos, Pandega das Teixugueiras, Tacones y Lunares, Estraloque, Anthalis, Suso Cortegoso, Distopía, Solidarias y Violetas, Teta e Coliño, Mil Ramas, Xanotas e Leirotas, As Maimiñas, Indignati, Lohengrín Teatro, Fitciones Pilates, Sala Viguesa de Esgrima Antigua, WS Skateboard School, Vieja Escuela Club de Roller e Escola de Xadrez Can Peón.

Aquí podes consultar a programación dos dous días:

(GMT+01:00) Navia


(GMT+01:00) Navia