CAMELIAS MASCOTAS

Inquedanzas en plena natureza

Este verán o centro Inquedanzas organiza un campamento dirixido a nenos de entre 3 a 12 anos no centro cultural As Pedriñas de Mos. As actividades están pensada para que a cativada desconecte das tecnoloxías e viva novas experiencias na natureza.

Chegan as vacacións de verán para os pequerrechos da casa. Xuño achega a sensación de liberdade que dá desprenderse das rutinas diarias como é ir á escola. As nenas e nenos desfrutan de mais horas de sol, tardes de praia, de longos paseos, de atardeceres o aire libre, máis movemento…e case sen decatarse esquécense do mundo tecnolóxico no que as veces stán tan inmersos. Sen embargo para as súas familias é un mes de procura de campamentos e ocupacións que lles permitan unha mellor conciliación para pasar a tempada. Unha alternativa diferente para este verán son os campamentos de Inquedanzas, con actividades vivenciais enfocadas a vivir experiencias na natureza.
As instalacións encóntranse nun entorno privilexiado. A escasos 10 minutos do centro de Vigo, no centro cultural As Pedriñas en Mos, cativos de 3 a 12 anos teñen posibilidade de acudir por quincenas ou mes completo. Dispoñen de plan madruga e servizo de comedor. Neste espazo de 35.000m2 de zona verde nos que teñen cabida pistas deportivas, piscinas,
rutas, tirolina e monte comunal
, levaranse a cabo actividades múltiples na natureza, xogos de cooperación, de psicomotricidade, exploración ambiental e sensorial, xogos de auga, obradoiros de cociña, danza e moitas outras que podemos consultar na súa web.
Inquedanzas conta tamén cun campamento inclusivo nas súas instalacións de Porriño en pleno contacto coa natureza, para potenciar ao máximo as súas capacidades e habilidades. As actividades de ambos campamentos lévanas a cabo monitoras con práctica e formación no ámbito do ocio e a educación inclusiva. Son ademais de inmersión na nosa lingua galega.
Non esperes que outros che conten a experiencia. O mellor é que o teu neno ou a túa nena as viva de primeira man.

REVISTA NOVEMBRO

Toda a información e formularios de inscrición na seguinte ligazón:
https://inquedanzas.org/

DATOS DE CONTACTO

Facebook: https://www.facebook.com/inquedanzas
Instagram: @inquedanzas_
683308352 – 986658532
info@inquedanzas.org
O Buraco, Atios 1 – Baixo O Porriño C.P. 36418 Pontevedra

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.