VIALIA
bannerPicnicSesions

Para mentes inquedas

Estudos recentes afirman que máis dun 30 % dos menores presentan algunha dificultade de aprendizaxe relacionada con trastornos do desenvolvemento, afectando a áreas fundamentais na etapa infantil. Por esta razón, é importante coñecer o labor da atención temperá, primordial para evitar consecuencias que poidan aparecer se non se actúa nos primeiros anos de vida. Este tipo de intervencións céntranse en potenciar ao máximo as capacidades do menor, para que consiga alcanzar o máximo nivel de integración con respecto aos seus semellantes.

REVISTA ABRIL

Este mes, o centro Inquedanzas está de aniversario, facendo catro anos desde que se inaugurou. Inquedanzas está formado por un equipo especializado na intervención de pequerrechos, adolescentes e familias, ofrecendo ferramentas e estratexias para abordar as dificultades que se poidan presentar no desenvolvemento ou no día a día. O equipo está composto por profesionais de diferentes disciplinas como a logopedia, a terapia ocupacional, a psicoloxía educativa e sanitaria, a pedagoxía e o traballo social. Todo este labor é levado a cabo nun espazo no que priman a aprendizaxe, a saúde e a natureza. Ademais, o persoal tamén se achega a fogares e centros educativos que soliciten as súas asistencias. Entre os servizos que se ofrecen, destacamos o asesoramento psicopedagóxico para escolas infantís e a formación para familias e profesionais especializados na rapazada.

Actualmente está aberto o prazo de inscrición para as actividades do verán. Para o vindeiro curso, 2021-2022, preparan un programa de apoio emocional e fortalecemento familiar. Un espazo para o aproveitamento das capacidades en potencia.

Lugar de Albarín (Atios), 1, baixo (O Porriño) | 683 30 83 52 ou 986 65 85 32 | info@inquedanzas.org | @inquedanzas

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.