Escolas de portas abertas: Colexio Montesol
No barrio de Coia atopamos este centro plurilingüe xestionado por unha cooperativa que oferta os tres niveis educativos básicos: infantil, primaria e ESO. A xornada escolar é de mañá, continuando de xeito voluntario con actividades extraescolares pola tarde. Ademais, este colexio atende en horario extraescolar aos alumnos con dificultades de aprendizaxe ou que precisen reforzar en algunhas materias ou técnicas de estudo.
Entre os proxectos educativos do centro cabe destacar o proxecto Reinvent The Classroom (RTC), que implica unha transformación tecnolóxica. O obxectivo é desenvolver habilidades e competencias actuais no alumnado, outorgando o pleno acceso ás novas tecnoloxías e, así, ao coñecemento global.
O colexio dispón ademais de servizo de comedor con cociña propia, transporte escolar, aula matinal e gabinete psicopedagóxico con especialistas. Para as novas matriculacións estanse a realizar xornadas de portas abertas mediante cita previa, e así pasar a coñecer máis a fondo as instalacións deste espazo educativo.
Lourdes Tomé
Redactora
Últimos posts de Lourdes Tomé (ver todos)
- Mobility Kids: a mobilidade como centro da saúde - 10 Xullo, 2023
- Kids&Us, inglés desde o primeiro - 22 Xuño, 2023
- Un verán no xardín - 5 Xuño, 2023
- Nubes Blancas, actividades estivais adaptadas aos máis pequenos - 24 Maio, 2023
- La Fábrica Fotografía: comungando cos recordos - 14 Abril, 2023