Un verán para brincar en galego
O centro educativo Semente, emprazado ao pé da guía, ofrece campamento de verán para cativos de 3 a 8 anos. Os nenos e nenas que participen farán rutas pola contorna, traballarán na hortiña, cantarán e brincarán en galego.
O veran é a época do ano favorita de case todas as crianzas. É tempo de mar, de monte, de xogar ate caer de cú, de facer novas amigas e de brincar sen as preocupacións do resto do curso.
Semente é un proxecto de inmersion lingüistica en galego e un espazo no que se favorece o desenvolvemento mental, psicomotor, afectivo e sensorial a través de actividades lúdicoeducativas, dinámicas e moi creativas. Neste pequeno recuncho do barrio de Teis escoitase as crianzas falar, cantar e divertirse, na nosa lingua.
Durante as semanas estivais, a cativada da Semente fai saídas a praia da Punta, roteiros polo monte da Guia, gozan da súa hortiña, fan obradoiros de reciclaxe, de consumo responsable, de experimentación… interaccionan co medio que lles rodea e aprenden a amalo e respectalo, sempre desde un ambiente de xogo seguro.
Desde o 23 de xuño ata o 12 de agosto en horario de 8:30 a 14:00 a Semente dará servizo de campamento para crianzas de entre 3 e 8 anos. Infórmate sen compromiso na súa web.
E si che gusta o que fan, ainda estás a tempo de preguntar por algunha vaga para o vindeiro curso escolar, bule!!
Este verán, todos e todas a brincar en galego!
DATOS DE CONTACTO:
Rúa do Doutor Corbal, 102, 36207
atividades.vigo@semente.gal
RRSS:
facebook.com/sementedevigo
twitter.com/sementevigo
instagram.com/sementevigo
youtube.com/channel/UClt_0wytZr-rUy3QNt8T–g
Últimos posts de Lourdes Tomé (ver todos)
- Mobility Kids: a mobilidade como centro da saúde - 10 Xullo, 2023
- Kids&Us, inglés desde o primeiro - 22 Xuño, 2023
- Un verán no xardín - 5 Xuño, 2023
- Nubes Blancas, actividades estivais adaptadas aos máis pequenos - 24 Maio, 2023
- La Fábrica Fotografía: comungando cos recordos - 14 Abril, 2023