REVISTA ABRIL

Actividades infantís para non aburrirse este verán

Museos, bibliotecas, espazos públicos… este verán ven cargadiño de actividades para os e as máis pequenas da casa, que gozarán cos obradoiros, visitas, xogos e espectáculos varios durante todo o período estival.

Unha crianza baila ao son de Rock en Familia, o verán pasado en Castrelos | Bea Barros

Durante o mes de xullo, o MARCO ofrece un programa especial de obradoiros de verán dirixidos a público infantil e familiar. Nesta ocasión, a proposta toma como base a exposición DESTACADOS, sacando partido das súas posibilidades didácticas e combinando as actividades no Laboratorio das Artes con percorridos polas salas de exposición. Se ben cada sesión é independente, o programa e contidos articúlanse en torno a catro fíos temáticos: paisaxes e lugares, figuras humanas, formas e obxectos, e narracións.

Na Biblioteca Xosé Neira Vilas teñen dous obradoiros en xullo e outros dous en agosto. En xullo estará Paisaxes de sempre para nenos e nenas de agora: Lembrando a Luis Seoane e A muralla da túa vila. En agosto haberá dous seguidos de ciencia sonora e outro de xadrez, completando a axenda estival desta ludoteca.

No edificio Cambón, o Centro de Visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia,
o sábado, 6 de xullo, ás 12:00, os máis novos poderán coñecer mellor o Parque con O que a marea trae, unha actividade infantil na que poderán achegarse ós habitantes do fondo dos nosos mares e ás ameazas que enfrontan cada día. Durante o resto do verán seguirá habendo actividades aínda por confirmar, tanto no propio edificio como nas illas Cíes. O Cine en familia, por exemplo, terá lugar os derradeiros sábados de cada mes.

No Museo do Mar de Galicia haberá diariamente actividades que se repetirán todas as semanas ata que finalice agosto. Así, todos os martes haberá o obradoiro Arqueoloxía, unha ciencia por descubrir, os mércores e sábados Tiburóns e raias, os xoves Viaxe ao mundo submarino, os dous primeiros venres de xullo e agosto alimentación dos peixes do acuario e os domingos Un paseo polo Museo do Mar. As actividades son de balde mercando a entrada para visitar o museo.

REVISTA ABRIL

O Centro Arqueolóxico de Areal “Salinae” segue o mesmo patrón, con obradoiros de Lume e iluminación na antiga Roma os martes e xoves, Os segredos do sal os mércores, venres e domingo e Sabores de Roma o sábado. Todas elas serán de balde con reserva previa.

Para rematar, o auditorio de Castrelos tamén albergará unha serie de espectáculos de gran tamaño en agosto para darlle vida diurna a ese fermoso espazo. O calendario infatil para Castrelos queda do seguinte modo: QueenManía o domingo 4, o musical O Rei da Sabana o luns 5, Shrek o musical o martes 6 e Super Wings Live Show o mércores 7. De balde en todo o recinto. Non esquecerse tampouco das innumerables actividades organizadas pola Concellería de Normalización Lingüística baixo o nome de No verán… un conto, que podes consultar premendo nesta ligazón.

Calendario con todas as actividades:

(GMT+01:00) Museo Marco

(GMT+01:00) Museo Marco

(GMT+01:00) Museo Marco

(GMT+01:00) Museo Marco

(GMT+01:00) Biblioteca Xosé Neira Vilas

(GMT+01:00) Biblioteca Xosé Neira Vilas

(GMT+01:00) Biblioteca Xosé Neira Vilas

(GMT+01:00) Biblioteca Xosé Neira Vilas

(GMT+01:00) Edificio Cambón

(GMT+01:00) Museo do Mar

(GMT+01:00) Museo do Mar

(GMT+01:00) Museo do Mar

(GMT+01:00) Museo do Mar

(GMT+01:00) Museo do Mar

(GMT+01:00) Museo do Mar

(GMT+01:00) Museo do Mar

(GMT+01:00) Museo do Mar

(GMT+01:00) Salinae

(GMT+01:00) Salinae

(GMT+01:00) Salinae

(GMT+01:00) Salinae

(GMT+01:00) Salinae

(GMT+01:00) Salinae

(GMT+01:00) Parque Castrelos

(GMT+01:00) Parque Castrelos

(GMT+01:00) Parque Castrelos

(GMT+01:00) Parque Castrelos