Recta final para participar no ‘crowdfunding’ da produtora local Islandia
A produtora audiovisual viguesa Islandia Producciones, dirixida por Noemi Chantada e Óscar Pardo, afronta os últimos días de crowdfunding para financiar a súa próxima obra, Véxote. Unha curtametraxe de ficción en imaxe real e animación de 20 minutos de duración, que se atopa nestes momentos en estapa de produción. Podes participar premendo aquí.
Desde a súa creación hai seis anosa mans de Noemi Chantada e Óscar Pardo, Islandia Producciones produciron medio centenar de pezas cinematográficas, documentais ou televisivas. Ata a data os seus proxectos máis destacados son La mujer invisible, Sorrisos Transformadores e Xoves de Comadres, todos eles de temática social que tratan temas tan relevantes como a prostitución, a identidade de xénero ou a soidade na terceira idade. Esta última curta, Xoves de comadres, conseguiu unha candidatura aos Premios Mestre Mateo, outra aos premios Goya 2022 , unha Biznaga do Festival de Cinema de Málaga, sete candidaturas aos premios Pávez, catro premios na mesma edición do Festival de Cans e dous anos en catálogo de Movistar+. Para esta nova obra, Véxote, precisan da nosa axuda para acadar a financiación necesaria.
O director e guionista desta curta que mestura imaxe real con animación é Óscar Pardo. A historia ten unha estrutura narrativa que confronta a lixeireza, case naif, dos días de descanso que comparten David e Lola, afastados de todo e sen cargas á vista coa pesadez que ambos levan por dentro. Así, a ansiedade móllase no café da mañá, acompañando un almorzo longo e sen présas; e a síndrome do impostor paséase xunto a eles polo bosque nas tardes asolladas de setembro.
As personaxes protagonistas estarán interpretadas por Marta Lado e Xulio Abonjo, a música será de Guadi Galego e a animación estará dirixida polo cineasta David Fidalgo. Os cartos acadados mediante esta campaña de micromecenado, que aspira a lograr 8000€ e xa leva case un 70%, dedicaranse a mellorar as posibilidades á hora de implementar a animación sobre algunhas das secuencias, a postproducción e a distribución. A idea é que o filme estea listo para o verán de 2023.
Preme aquí para participar na campaña
Pablo Vázquez
Últimos posts de Pablo Vázquez (ver todos)
- Buscamos imaxes e historias para manter viva a lembranza do Súbete ao Castro - 20 Novembro, 2024
- Elite Barber Shop: tradición e modernidade - 20 Novembro, 2024
- O “fracaso estrepitoso” do Súbete ao Castro ou como non entender a cultura local - 15 Novembro, 2024
- O Cirque du Soleil volve a Galicia cun orixinal espectáculo en pavillóns - 13 Novembro, 2024
- Reúnese Foggy Mental Breakdown, o ‘dream team’ da música viguesa - 6 Novembro, 2024