Oito tendas de moda e creatividade que reinventan o estilo da nosa cidade
Nun mundo dominado polo usar e tirar, o comercio local da cidade ofrece a posibilidade de cambiar o noso xeito de consumir, afastándonos do globalizado e apostando pola autenticidade e a calidade. As oito tendas desta lista son un refuxio contra a homexeneidade nas que non só se venden artigos únicos, senon que promoven o sentido de comunidade e enriquece as nosas rúas, convertindo cada compra nunha experiencia enriquecedora e consciente.
Rúa do Doutor Cadaval, 21
Tenda de moda vintage importada dos Estados Unidos no que as prendas páganse por quilo. Hawaianas, camisas Western, crazy jackets, beisboleras, vestidos, saias, monos, petos, Levis 501, tie dyes, chaquetas de pel, cintos, botas cowboy…todo isto e moito máis.
Rúa do Doutor Cadaval, 12
Galería Maraca é un punto de encontro creativo co espíritu de dar cabida ás tendencias artísticas que teñen pouca recepción nas galerías convencionais. Unha proposta onde poderás atopar as novas tendencias da cultura pop contemporánea convivindo ilustración, deseño e arte nun espacio curado desde Chachchá Studio con cariño, pasión e moitas “cousas de molar”.
Rúa de Eduardo Iglesias, 11
Take away, tenda de roupa, galería de arte, taller de cursos…un espazo realmente polivalente e creativo rexentado por Leticia Rodríguez e Saúl Seoane, creadores en 2019 do proxecto Alga Clases y Talleres. Este “contedor” artístico alberga propostas artísticas, comerciais, culturais, formativas e hostaleiras co que se busca darlle unha nova vida a esta rúa transversal á do Príncipe
Rúa Carral, 15
Comercio no que a cor, os estampados e os deseños orixinais ocupan paredes, estantes, vitrinas e burras. Unha tenda multimarca onde cada prenda elíxese polo seu deseño, pero tamén con criterios de calidade e sostenibilidade. O prato forte son as prendas de roupa, pero Le Marché de Rachel tamén vende calzado, mochilas, estoxos e complementos artesanais e chamativos.
Praza da Pedra, 5
A través de soportes como a camiseta e artigos de regalo, tratan de reivindicar identidade galega, desde unha perspectiva contemporánea, enfrentando os iconos actuais e imaxinería popular da que tan orgullosos estamos!
Rúa Triunfo, 2
Situada en pleno Casco Vello, ao carón da Praza da Constitución, Sr.Nilsson é unha tenda multimarca de moda e accesorios con selo nacional. Cunha decoración coidada, mestura o vintage e o ecléctico ofrendo gran variedade de prendas e accesorios orixinais e moi especiais que sentan ben, duran e están fabricadas garantindo os dereitos laborais das traballadoras.
Rúa Carral, 7
En Vaidhé, Iris e Eli seleccionan láminas, libros, xoias, cerámica, roupa e obxectos decorativos de pequenos artesáns e marcas maioritariamente galegas. Tamén venden produtos deseñados por elas mesmas, como a colección de tote bags con mensaxe ou os cadernos para que amantes do cine, os libros, as viaxes ou a cociña rexistren a súa paixón con mimo e estilo.
Av das Camelias, 20
A moda urbana ten en Vigo un templo de madeira chamado Woodtown. Contan con todo tipo de prendas e zapatillas de marcas internacionais recoñecidas, como Carhart, Vans, Huf, Element, Revolution ou Numeric by New Balance. Woodtown e a súa sorrinte tendeira Joana son referencia dun estilo de vida urbano, desenfadado e alternativo, pero que presta especial atención á calidade e o deseño das prendas que viste.
Paula Cermeño
Últimos posts de Paula Cermeño (ver todos)
- Omichi: o camiño do bo ramen - 28 Novembro, 2024
- A quen queres ver en Castrelos en 2025? - 22 Novembro, 2024
- Beldade: cociña de autora en Tui - 22 Novembro, 2024
- Stoned at Pompeii, Compañía Ártika e Fran Sieira esta fin de semana en Vigo - 21 Novembro, 2024
- Batalla de bocatas en As Cunchas: ‘Friends’ ou ‘The Bear’? - 20 Novembro, 2024