MAPIS é unha tenda de puericultura no centro de Vigo e un espazo familiar no que atopamos todo tipo de artigos para familias: accesorios, carriños, xoguetes… Os pais e nais atopan asesoramento personalizado e poden gozar de talleres con profesionais recoñecidos do sector: desde obradoiros de pintura para bebés ata actividades educativas e formativas.
Detrás deste proxecto atópase Paula, quen logo de pasar por varias tendas alleas, decidiu facer realidade o seu propio espazo.
Rúa de Urzáiz, 118
Horario:
Luns a sábado de 10:30–13:30, 16:30–20:30.















