VIALIA
bannerPicnicSesions

Un contedor creativo

O equipo de La Contenedora ao completo | P. Vázquez

Fronte ao que queda en pé da fachada do Teatro Circo Tamberlick vemos un novo local de fachada negra e cheo de actividade. Take away, tenda de roupa, galería de arte, taller de cursos… Que é exactamente este lugar? La Contenedora é un espazo polivalente rexentado por dous vellos coñecidos do barrio: Leticia Rodríguez e Saúl Seoane, creadores en 2019 do proxecto Alga Clases y Talleres, ata ao momento situado na rúa da Ronda de Don Bosco. Agora, este espazo de formación, tanto académica para rapaces como artística para adultos, múdase ao primeiro andar do devandito contedor creativo, situado onde hai un lustro anos resistía o mítico nome de Establecimientos Álvarez. Amplo e luminoso, o local ten unha distribución moi orixinal que os novos donos adaptaron e arranxaron por si mesmos. O resultado é sorprendente.

REVISTA ABRIL

E que é La Contenedora? Pois un conxunto de propostas artísticas, comerciais, culturais, formativas e hostaleiras co que buscan darlle unha nova vida a esta rúa transversal á do Príncipe, que está a rexurdir co nacemento de novos establecementos, a pesar do golpe  que supuxo apertura do centro comercial Vialia hai uns meses. Na galería inicial desaparece un dos cristais para dar paso a unha barra de bar, para servir produtos ecolóxicos, veganos e, en palabras de Seoane, «diferentes aos habituais». Un take away ideal para repoñer folgos nas mesas que teñenen repartidas na galería interior ou para sentar nas escaleiras do Tamberlick a gozar do bo tempo. Unha vez dentro, nunha sala diáfana con paredes de contedor industrial, temos a tenda; unha concept store centrada na produción de artistas galegos e locais (artesanía, ilustración, literatura, música…) e tamén material de importación, especialmente do sector téxtil.

Este venres 1 de setembro inauguraron o espazo ao completo, incluindo a galería de arte situada ao fondo: fresca, aberta e ideal para pendurar con orgullo as pezas dos nosos creadores. Actualmente atopamos unha exposición de Oscar Raña e Tayone e, subindo unhas bonitas escaleiras rosas, atopamos un segundo escaparate cunha exposición de Cynthia Alfonso. Este espazo tamén estará dedicado á realización de instalacións e actuacións variadas de maneira puntual. Por último, Alga Clases y Talleres mantén a oferta de sempre, pero nun espazo máis grande, o que lles permite ampliar en cantidade e variedade os cursos e o alumnado, sobre todo a partir de setembro.

La Contenedora | Rúa de Eduardo Iglesias, 11 | hola@lacontenedora.es | 886 30 83 19, 633 26 37 87 | @lacontenedora.vigo

Saúl Seoane e Leticia Rodríguez nas escaleiras no interior do local | P. Vázquez
The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.