O Primavera do Cine arranca con 75 obras
O próximo mércores 1 de maio arranca o Primavera do Cine, o principal festival de cinema da cidade. Unha semana na que poderemos visualizar un total de 75 obras audiovisuais, encontros con cineastas, actividades, concertos e a entrega da mención honorífica.
Como cada cada ano por estas datas chega o Festival Internacional Primavera do Cine, que este ano celebra a súa VIII Edición. O festival segue a apostar polo cinema galego e lusófono, como así o demostran as súas seccións oficiais, buscando converterse nunha referencia neste eido a nivel internacional. A inauguración terá lugar o mércores 1 de maio no Calvario, cunha proxección ao aire libre de Cinema nos Barrios, unha das seccións favoritas do público.
A Sección Oficial Galega está formada por catro longas e nove curtas, que poderemos ver ao longo do festival no Auditorio Municipal de no Instituto Camões. As longas son Os fillos da vide, de Ana Domínguez; Trote, de Xacio Baño; Gallo, de Antonio Díaz Huerta; e La felicidad de los perros, de David Hernández. En canto as curtas, poderemos ver De repente, la noche, de Cristina Bodelón e Ignacio de Vicente; Mariñeiro, de Juan Galiñanes; Plus Ultra, de Samuel M. Delgado e Helena Girón; Beautiful Boy, de Fran X. Rodríguez; A nena azul, de Sandra Sánchez; Cómo desaparecer, de Carlos Martínez-Peñalver Mas; Americano, Fon Cortizo; Uganda, Fernando Tato; e O que precede á caída é branco, Aldara Pagán.
En canto á Sección Oficial Lusófona, formada por seis longas e doce curtas, atopámonos con No intenso agora, de João Moreira Salles; Deslembro, de Flávia F. Castro; Alva, de Ico Costa; Ferrugem, de Aly Muritiba; Extinção, de Salomé Lamas; e Chuva é cantoria na aldeia dos mortos, de João Salaviza e Renée Nader Messora. A docena de curtas que poderemos ver estes días serán California, de Bruno Baltazar; Tudo o que imagino, de Leonor Noivo; Madness, de João Viana; Narrativas de um crime, de Alison Zago; Equinócio, de Ivo M. Ferreira; Primeiro Acto, de Matheus Parizi; Altas cidades de Ossadas, de João Salaviza; Terrain Vague, de Latifa Saïd; Aquaparque, deAna Moreira; Pele de Luz, de André Guiomar; Como Fernando Pessoa salvou Portugal, de Eugène Green; Flutuar, de Artur Serra Araújo.
O Festival continúa coa súa forte aposta polo cinema de animación, que terá unha Sección Oficial formada por 13 curtas, tanto galegas como lusófonas: Ride, de Paul Bush; Porque é este o meu oficio, de Paulo Monteiro; El reloj, de Borja Santomé; À tona, de Filipe Abranches; Sangro, de Tiago Minamisawa e Bruno H. Castro; Ensaio sobre a morte, de Margarida Madeira; Almofada de penas, de Joseph Specker Nys; Guaxuma, de Nara Normande; La noche, de Martín Romero; Entre sombras, de Mónica Santos e Alice Guimarães; Soy una tumba, de Khris Cembe; Rãzao entre dois volumes, de Catarina Sobral; e Luscofusco, de Javier Portomeñe.
Por último, o sábado 4 de maio ás 21:00 terá lugar a Festa dos Videoclips, cunha Sección Oficial formada por 20 vídeos musicais, entre os que atopamos grupos como La Pegatina, Love of Lesbian, The Limboos, Vudú, Voltaica, The Soul Jacket, Son Trío ou Basanta, gañadores da pasada edición co vídeo de Inferis. Falando de Basanta, ese mesmo día ás 23:30 actuarán en La Iguana Club nun concerto cheo de rock, psicodelia e esoterismo.
Ademais deste concerto, o Primavera do Cine conta cunha gran cantidade de actividades paralelas ás proxeccións. O martes 30 de abril terá lugar pola mañá IX Encontros Arraianos no Instituto Camões, o xoves 2 proxectarase La Pasión de Juana de Arco musicada en directo polo trío Caspervek no Conservatorio Superior de Música, o sábado 4 pola mañá será o seminario impartido polo actor Antonio Durán ‘Morris’, pola tarde de novo no Camões será o Café con Crea e, por último, o domingo pola mañá no MARCO haberá un coloquio titulado Galegas de Cine. Para rematar o Festival, ás 19:00 será a Gala de Clausura no Auditorio Municipal.
A semana previa ao comezo do Festival tamén atopamos unha serie de actividades complementarias como o ciclo Viva Cuba!, coa proxección de oito obras procedentes do país caribeño; o Cine Miúdo, dirixido á rapazada das escolas, os días 25 e 26 de abril no Teatro Afundación; e o Cinema nos Barrios, en Navia o venres 26 e no Casco Vello Alto o sábado 27.