VIALIA
bannerPicnicSesions

#SesiónsAM 05: The Soul Jacket

Onte á tarde dous dos membros da banda local de rock The Soul Jacket pasáronse polo estudio de Cíes Podcast. Aproveitamos a situación para inmortalizar a súa actuación con este vídeo, no que Toño López e Guillermo Gagliardi interpretan en acústico o tema Liying on the grass, do seu último disco Plastic Jail. A banda vén de presentar, con moito éxito, este traballo por diferentes cidades da xeografía española, ademais de tocar en Late Motiv de Andreu Buenafuente. Este venres traen por primeira vez a Vigo a súa gaiola de plástico á Sala Masterclub.

REVISTA ABRIL

Vídeo: Pablo Vázquez e Paula Cermeño

Entrevista (novembro 2018): “No rock hai moito militantismo, pero nós temos máis inquedanzas musicais”

Podes escoitar a entrevista de Cíes Podcast a continuación (min. 17:25):

(GMT+01:00) Sala Master Club