VIALIA
PLAYDOC

Despide o ano co ritual pagán de Basanta

Este sábado 29 de decembro ás 22:30 na Sala Master Club terás a oportunidade de despedir o ano nun ritual pagán da man de Basanta. Unha mestura máxica de rock, psicodelia e folk escuro 100% made in Vigo. Entradas dispoñibles aquí ou en Discos Elepé. 

Sol durante o concerto de Basanta no Rock in Río Tea 2018 | Pablo V.

Basanta é máis que unha banda viguesa, é unha tribo que se expresa a través dunha música cargada de mellotróns, fuzz, afinacións abertas e melodías cheas de luz e escuridade. Veñen de sacar este ano o seu primeiro disco Colorama, unha obra formada por 11 cancións que van desde o rock e o folk ata a psicodelia.

REVISTA ABRIL

Un disco, que por certo, non pasou desapercibido nin para o público nin para a crítica, xa que xa son varios os medios especializados (Fantasticmag, Gravelroad76…) que mencionan este debut discográfico como un dos mellores traballos nacionais do ano. Baixo a produción do reputado Paco Loco, o son da banda demostra madurez e personalidade, algo moi meritorio tendo en conta a curta vida deste proxecto.

Para quen non os viu nunca en directo, o concerto deste sábado pode ser unha oportunidade única para levarse unha grata sorpresa, xa que en Basanta coidan tanto a imaxe como a música. Así, todos os seus membros (Sol, Azufre, Sal, Tierra y La Santa) van ataviados con máscaras, impedindo ver a cara de quen se agocha detrás dela. Ademais, o deseño de arte de Colorama, obra de Leon Ka e Eazy Fernández, conta cunha serie de ‘guías’ que propoñen unha orde concreta para a escoita das cancións, trazando así unha liña conceptual. O dito, é máis que unha simple banda.

Por se fora pouco, veñen de gañar o Premio Maketón ao Mellor Videoclip polo seu tema Gris, dirixido por Xaime Miranda. Un fermoso vídeo no que aparecen reflectidas moitas tradicións galegas relacionadas coa maxia e o misterio. O seu outro videoclip, Inferis, dirixido tamén por Miranda, é dunha factura sobresaínte, demostrando o nivel de coidado e bo facer que hai detrás das máscaras de Basanta.

(GMT+01:00) La Iguana Club

The following two tabs change content below.

Pablo Vázquez

Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, é un apaixoado do cine, da música e da fotografía. É director dos documentais 'O profesor', 'The Death: el reencuentro' e 'Cuna de músicos', ademais de coautor do libro 'Son da cidade', o que lle fixo coñecer aínda máis a escena musical viguesa. Ten traballado con distintos grupos e salas da cidade, ademais de participar nos últimos anos como Xurado Novo nos festivais de cine de San Sebastián e Novos Cinemas.