CAMELIAS MASCOTAS

Kids&Us: traballar para o inglés

Que os idiomas son unha ferramenta para o futuro é ben sabido, pero non o é tanto saber que lugar escoller para a aprendizaxe. O máis recomendable é optar por centros onde a rapazada aprendan por inmersión, onde se dispoña de continuidade no tempo, é dicir, que á medida que os pequerrechos van facendo anos poidan seguir formándose e que garantan unha aprendizaxe efectiva. Estes puntos cúmprense moi ben nos centros Kids&Us, onde se reproduce o proceso natural de adquisición do inglés coma se fose unha lingua materna. Aquí trabállase con alumnado de entre 1 e 18 anos de idade; desde que pronuncian as primeiras palabras ata que saen como adultos con dominio do idioma. En xaneiro, o centro ofrece unha clase de proba gratuíta para meniños de entre 1 e 2 anos; unha boa ocasión para que os nosos cativos teñan o primeiro contacto coa que debería ser para eles unha terceira lingua. A través de xogos, cancións e materiais adaptados a estes primeiros anos,  establécese o vencello cun novo idioma, evitando que sexa para eles un propósito de aninovo que se apraza cando sexan adultos.

REVISTA NOVEMBRO

Preme aquí para conseguir nunha clase de proba gratuíta.

Kids&Us | Rúa de Xirona, 8; rúa de Urzáiz, 108 | 986 95 16 98, 699 88 83 82, 628 17 89 92 | vigo.independencia@kidsandus.es, vigo.urzaiz@kidsandus.es

Lourdes Tomé
Redactora

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.