
Vigo acollerá o Día Internacional de Muiñeira cun desfile multitudinario
Detalles do eventos
O próximo 18 de maio Vigo, a cidade de Galicia co maior número de grupos de música e baile tradicional, celebrará o Día Internacional da
Detalles do eventos
O próximo 18 de maio Vigo, a cidade de Galicia co maior número de grupos de música e baile tradicional, celebrará o Día Internacional da Muiñeira. A xornada arrincará o domingo 18 de maio cun desfile, ás 11:00 h da mañá, dos grupos participantes desde a Praza do Rei ata a rúa Venezuela. As formacións interpretarán unha muiñeira, unha xota e unha riberana ao son do grupo de Gaitas Airiños do Parque de Castrelos.
A organización prevé a participación de 35 formacións, entre as que se atopan as conformadas por centros de ensino, asociacións xuvenís, culturais e veciñais, ademais das dos centros parroquiais, dos grupos folclóricos, ou calquera entidade que conte con grupos de baile tradicionais. No caso de superarse o máximo de participantes previstos terán preferencia as formacións de Vigo.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o luns 24 de marzo. As anotacións poderán realizarse directamente na asociación e a través do mail asociacionculturalinterfolk@gmail.com
Tamén se anunciaron as vindeiras datas do programa gratuíto de Bailes en Vigo:
- Sábado 22 de marzo – Asociación de veciños de San Miguel de Oia
- Sábado 5 de abril – Asociación de veciños O Carballo (Sárdoma)
- Sábado 26 de abril – Asociación de veciños de Candeán
- Sábado 10 de maio – Asociación de veciños de Beade
- Sábado 24 de maio – Centro Cultural e Recreativo de Cabral
Máis
Hora
18 maio, 2025 11:00(GMT+01:00)
Localización
Praza do Rei
Praza do Rei 36202 Vigo Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualmarzo
- Mes actual