REVISTA ABRIL

Guía local para cans

Este artigo responde a un ladrido popular: cada vez son máis os cans que viven coa incerteza de non saber que tarefas diarias poden compartir canda as súas familias humanas por estar impedido o acceso para os animais de compañía. Porén, son varias as publicacións que inclúen a nosa urbe entre as dez cidades máis accesibles para os cans; deseguido achegamos exemplos varios.

Foto: Pablo Vázquez

De querermos usar o servizo de Vitrasa, a crítica está servida: unicamente os cans guía poden montar a bordo sen ter que facelo nunha gaiola transportadora. A outra cara da moeda témola nos barcos que cruzan a ría (ollo, coa excepción das Cíes): os cans poden viaxar sempre que vaian atados e, segundo a normativa da navieira correspondente, con bozo. Para pasear os nosos peludos por lugares públicos, o Concello cataloga como caninos os parques da Praza de Joaquín García Picher e o da Ponte Nova. No que respecta ás praias, a partir do 30 de xuño anos resérvanselles só dúas: a da Calzoa e a da Foz, ambas as dúas en Coruxo.

No ámbito privado, cada vez son máis os negocios que aceptan a entrada de cans, sobre todo no sector da hostalería. A día de hoxe, pódese comer, almorzar ou tomar algo na compaña do mellor amigo en moitos locais: A Tapa do Barril, Aloha Poké, Bar Primavera, Café UF, El Amante, El Mono Vintage Bar, El Trigal, Flamingo Café, La Vanetta, Los dulces de Albita, Maispalá, Omichi Ramen & Bar, Paparrúa, Taberna A Mina, Terrae Orgánica… É fácil atopar na Rede páxinas especializadas con toda a información necesaria. Se o que toca é ir de compras, alegrámonos de saber que o centro comercial máis recente da cidade, Vialia, declárase dog-friendly en todas as zonas comúns.

REVISTA ABRIL

Se preferimos andar pola rúa da correa do noso amigo, as opcións tamén son variadas. Poderemos entrar, por exemplo, na tenda da Aldea Cooperativa, na librería Librouro, nas tendas de de Nikis ou na de Vaidhé. Tamén nas recentes Galería Maraca ou La Contenedora. E se entremedias decidimos mercar unhas lentes, cambiar de peiteado ou organizar unha escapada, na óptica Lunic, no salón PELUQart ou na axencia de viaxes Turatlántica teremos unha boa benvida. Para rematar, tamén temos opcións como o Museo Etnográfico Liste ou o xardín botánico da Fundación Sales, espazos de cultura que gustan dos cans.

Neste outro artigo, publicado en 2019, propoñiamos plans para facer con cans, como actividades deportivas, museos e máis ideas de bares e restaurantes.

Cremandogal: o mellor adeus para o mellor amigo

Para quen as mascotas teñen valor afectivo semellante ao das persoas máis importantes, resulta obvio...

Ars Canis: boas mans para os de catro patas

Calquera amante dos animais sabe da importancia de que, coma nós, estes deben levar un...

Noelia Álvarez
Redactora