COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Ars Canis: boas mans para os de catro patas

Calquera amante dos animais sabe da importancia de que, coma nós, estes deben levar un control sanitario por mans expertas. Os 25 anos de traballo de Ars Canis nas clínicas de Vigo e Mos, con máis de 500 intervencións cirúrxicas anuais, avalan o saber facer a prol do benestar animal. Un equipo formado por catro veterinarios, dous asistentes técnicos e un educador canino para ofrecer non só servizos veterinarios, senón tamén de perruquería e de terapias do comportamento.

Se cómpre, realizan consultas a domicilio e dispoñen dunha ambulancia para levar os pacientes ata as clínicas ou de volta á casa. E como sabemos que os cans e os gatos, no fondo, son bos compañeiros e acostuman convivir nos nosos fogares, é importante salientar que estamos ante o único centro da comarca acreditado pola Sociedade Internacional de Medicina Felina (ISFM) como «clínica amable cos gatos».

Avenida da Ponte, 7 (Cabral) | 986 28 00 39 | arscanis@arscanis.es | arscanis.es

SONRIAS

Noelia Álvarez
Redactora