ASNEVES
REVISTA MAIO

Cremandogal: o mellor adeus para o mellor amigo

Para quen as mascotas teñen valor afectivo semellante ao das persoas máis importantes, resulta obvio que o día en que falten vai ser preciso apoio emocional para que a despedida decorra do xeito máis «humano» posible, para podelas acompañar ata o último momento, sós ou na compaña dos seres queridos, e mesmo gardar unha urna como último recordo da súa existencia.

O tanatorio e crematorio Cremandogal, nace da necesidade de dispoñer dunhas instalacións na cidade onde poder despedir ao noso amigo máis fiel co cariño e respecto que merece. Entre os servizos ofrecidos, tanto a centros veterinarios como a particulares, destaca a expedición do correspondente certificado de cremación, que se nos entrega xunto a unha pegada da nosa mascota e unha mostra de pelo. Ofrecen axuda e todas as facilidades posibles para superar un proceso tan difícil.

Rúa do Gandarón, 30, nave 2 | 986 25 11 12 | info@cremandogal.com | cremandogal.com

Noelia Álvarez
Redacción