Fotografía ‘newborn’ con Diego Gómez
No estudio fotográfico de Diego Gómez respírase a emoción e a devoción nas súas sesións con neonatos. Luz tenue, temperaturas entre 25 e 28 graos e ruído branco garanten a similitude co ventre materno. Este fotógrafo leva preto dunha década neste tipo de fotografía e, aínda que non é pai, coñece tan ben a estas criaturiñas de entre 5 e 12 días, que é un mestre nos trucos e os coidados precisos para facer da sesión fotográfica unha experiencia máxica.
«Hai unha serie de requisitos importantes para a sesión», afirma. «Que o bebé faga unha toma xusto ao chegar para favorecer o sono e que os pais veñan tranquilos e confiados». Que os meniños estean profundamente durmidos é o que precisa Diego para lograr instantáneas anegadas pola tenrura. O instinto de protección que rodea un neonato é respectado en cada segundo para conseguir as atesouradas fotografías. Como mostra, o vídeo dispoñible na web cos momentos da sesión newborn dunha parella. Avisamos que a emoción está asegurada.
O lugar de traballo de Diego conxuga delicadeza, colorido e tecnoloxía punta nun ambiente acolledor. Conta cun coidadísimo vestiario cunha variedade cromática pensada para conseguir texturas e tons desexables ao redor dos acabado de nacer. Ademais dos decorados, espectaculares e orixinais, hai obxectos únicos e xoguetes incribles, entre moitas outras marabillas para potenciar a capacidade comunicativa das instantáneas. Pura profesionalidade e auténtica paixón polo seu labor.
Alén da fotografía newborn, neste estudio pódense honrar outros momentos máxicos, como o embarazo, con instantáneas bañadas na beleza e a complicidade propias destes meses de grande ilusión. Ademais, tamén son moi demandados outros produtos, como o seguimento de bebés, que inclúe varias sesións ao longo do primeiro ano de vida; sesións infantís e familiares; reportaxes de comuñón… Toda a información está dispoñible nas redes profesionais de Diego, que fai súa a frase que afirma que as mellores cousas da vida non son cousas, senón momentos. Convidamos a dedicarlle un intre ao vídeo promocional como mostra dun momento de emoción capturada.
Camiño do Loureiro, 19 | 616 14 80 55 | diegogomezfotografo.com | diegogomezfotografo
Maruxa Gesto
Últimos posts de Maruxa Gesto (ver todos)
- Sipi Nopi, roupa colorista e sostible elaborada en Cangas - 10 Marzo, 2022
- Fotografía ‘newborn’ con Diego Gómez - 10 Marzo, 2022
- Progresa, a saúde no centro - 10 Marzo, 2022
- Loli Francos, o coidado dunha mesma - 9 Marzo, 2022
- Vigoentrena - 9 Marzo, 2022