REVISTA ABRIL

Fotografía ‘newborn’ con Diego Gómez

No estudio fotográfico de Diego Gómez respírase a emoción e a devoción nas súas sesións con neonatos. Luz tenue, temperaturas entre 25 e 28 graos e ruído branco garanten a similitude co ventre materno. Este fotógrafo leva preto dunha década neste tipo de fotografía e, aínda que non é pai, coñece tan ben a estas criaturiñas de entre 5 e 12 días, que é un mestre nos trucos e os coidados precisos para facer da sesión fotográfica unha experiencia máxica.

«Hai unha serie de requisitos importantes para a sesión», afirma. «Que o bebé faga unha toma xusto ao chegar para favorecer o sono e que os pais veñan tranquilos e confiados». Que os meniños estean profundamente durmidos é o que precisa Diego para lograr instantáneas anegadas pola tenrura. O instinto de protección que rodea un neonato é respectado en cada segundo para conseguir as atesouradas fotografías. Como mostra, o vídeo dispoñible na web cos momentos da sesión newborn dunha parella. Avisamos que a emoción está asegurada.

REVISTA ABRIL

O lugar de traballo de Diego conxuga delicadeza, colorido e tecnoloxía punta nun ambiente acolledor. Conta cun coidadísimo vestiario cunha variedade cromática pensada para conseguir texturas e tons desexables ao redor dos acabado de nacer. Ademais dos decorados, espectaculares e orixinais, hai obxectos únicos e xoguetes incribles, entre moitas outras marabillas para potenciar a capacidade comunicativa das instantáneas. Pura profesionalidade e auténtica paixón polo seu labor.

Alén da fotografía newborn, neste estudio pódense honrar outros momentos máxicos, como o embarazo, con instantáneas bañadas na beleza e a complicidade propias destes meses de grande ilusión. Ademais, tamén son moi demandados outros produtos, como o seguimento de bebés, que inclúe varias sesións ao longo do primeiro ano de vida; sesións infantís e familiares; reportaxes de comuñón… Toda a información  está dispoñible nas redes profesionais de Diego, que fai súa a frase que afirma que as mellores cousas da vida non son cousas, senón momentos. Convidamos a dedicarlle un intre ao vídeo promocional como mostra dun momento de emoción capturada.

Camiño do Loureiro, 19 | 616 14 80 55 | diegogomezfotografo.com | diegogomezfotografo

The following two tabs change content below.

Maruxa Gesto

Últimos posts de Maruxa Gesto (ver todos)