vigo turistico
REVISTA ABRIL

Progresa, a saúde no centro

A definición de saúde non se limita á ausencia de enfermidades, senón que tamén abrangue a parte emocional e social. As mulleres, en xeral, pero na maternidade en particular, estamos moi expostas a falsas expectativas sobre o aspecto físico e as emocións que debemos sentir. A maternidade é unha etapa que está ficticiamente idealizada, dando a entender que unha nai non pode queixarse de nada porque ten que estar nun estado de felicidade absoluto nun deber de entrega total aos fillos. Pero en realidade, esta etapa pode ser moi tensa, chegando a vivir momentos de ansiedade e, ao mesmo tempo, de soidade. Por isto é necesario e positivo que as familias teñan uns grupos de apoio para entender, soster e atender a cada etapa como verdadeiramente corresponde.

Neste pensamento nace Progresa, o centro integral de saúde especializado na muller, no embarazo e nos cativos. Un labor repartido entre fiisioterapeutas/osteópatas, matrona e sexóloga, nutricionista, psicóloga perinatal e algunhas especialidades máis; todo concentrado nun lugar onde se contribúe á formación e o acompañamento desde antes do embarazo ata despois do nacemento do novo membro da familia.

Banner A Movidiña

Para o equipo de Progresa,  o embarazo é o cambio máis adaptativo na muller, sendo de gran axuda servizos como osteopatía e pilates no embarazo, preparación ao parto e a recuperación posparto, gran esquecido neste proceso. Por iso neste centro as familias encóntranse arroupadas no tocante o posparto, ás dificultades na lactancia, rehabilitación do solo pélvico e o adestramento hipopresivo. Ademais contan con Indiba, una ferramenta innovadora nos procesos de recuperación.

Neste centro, a información é chave para cada familia nova: compartir experiencias, dúbidas, inseguridades ou medos, e nutrirse a cambio de coñecementos e apoio a partes iguais. Asemade, recoméndase valorar ao bebé para favorecer o seu correcto desenvolvemento e así evitar problemas a través da fisioterapia pediátrica e outras prácticas beneficiosas para todos os meniños. O mellor consello que aquí nos dan é que nos coidemos. Coidarse para coidar. Porque se estamos ben nós, tamén o estará quen máis queremos.

Caracas, 8 | 986 95 46 21 | saludprogresa.com | @saludprogresa

The following two tabs change content below.

Maruxa Gesto

Últimos posts de Maruxa Gesto (ver todos)