REVISTA ABRIL

Loli Francos, o coidado dunha mesma

Partindo da base de que a maternidade implica cambios moi profundos a nivel físico, emocional e psicolóxico, semella que a atención á propia pel, ao aspecto físico e ao benestar xeral son un complemento máis que merecido e útil no embarazo e no período de posparto. Con grande experiencia neste eido, Loli Francos decidiu iniciar este proxecto en 2013 e deseñar programas especificamente ideados para as mulleres, abranguendo o embarazo e o posparto.

«Os nosos programas para embarazadas melloran os estados de sobrecarga muscular, a retención de líquidos e, en xeral, o estado do sistema linfático. Son especialmente interesantes as masaxes de costas, que melloran moito a sensación de relaxación e combaten a tensión corporal». Ademais, as sesións de presoterapia preparto son un complemento ideal.

REVISTA ABRIL

Todos os momentos que as nais lles poidan dedicar ao benestar a ao coidado persoal son moi necesarios nesta etapa chave na vida dunha muller. Coidados corporais e faciais que acompañan os cambios hormonais que poden producir a aparición de furúnculos ou sequidade na pel do rostro durante os meses en que a mamá e o bebé comparten corpo.

O centro de estética de Loli Francos conta cun amplísimo abano de programas e servizos relacionados coa perda de coláxeno e elastina, o que provoca a aparición de engurras, manchas e pel opaca. Para contrarrestar isto ofrécense tratamentos desintoxicantes, hidratantes, radiofrecuencia para xerar unha resposta celular, remineralización cutánea, peelings, máscaras, complexos revitalizantes… No seu sitio web pódese consultar a variedade de tratamentos e adquirir información moi útil no blog adxunto.

Zaragoza, 51 | 886 12 25 13 | lolifrancos.es | lolifrancos.estetica

The following two tabs change content below.

Maruxa Gesto

Últimos posts de Maruxa Gesto (ver todos)