REVISTA ABRIL

Vigoentrena

Cal é o momento máis álxido da maternidade? Calquera muller xestante seguro que o ten claro: o parto. Se ben é certo que a maternidade é unha experiencia para toda a vida, é indiscutible que o parto, polo esforzo físico que implica, polo insondable impacto emocional e polo descoñecemento e os mitos que xiran ao seu redor é un momento a ter moi en conta e coidar ao máximo. Sen dúbida, unha preparación física para ese momento chave vai garantir que durante as horas que dure, as mulleres sintan máis control sobre o propio corpo e aumenten a sensación de saber parir.

REVISTA ABRIL

A sección de pelveperineoloxía de Vigoentrena leva anos ofrecendo servizos a mulleres no embarazo e no posparto, para axudar a comprender os cambios físicos que están a sufrir e acompañalas ao longo do proceso, así como e tamén na menopausa. «Contamos con programas de adestramento e fisioterapia para mulleres que xa teñen unha tradición de actividade física e tamén para as máis sedentarias. Partimos dun deseño xeneralizado que ten en conta os cambios e as necesidades comúns do corpo nestas etapas, sempre adaptando os exercicios e os tratamentos a cada unha». Neste completo centro de adestramento son moi conscientes das necesidades específicas da fisioloxía feminina, atendendo o ciclo menstrual, o solo pelviano e mais a nutrición.

O sitio web deste lugar é un tesouro de información verbo dos coidados físicos ideais nas mulleres para acompañar con saúde cada unha das etapas da vida. Na sección do blog dedicada á muller, hai títulos interesantísimos: «Ciclo menstrual e adestramento», «Como evolucionaron as recomendacións sobre o exercicio no embarazo?», «Falemos de nutrientes: carbohidratos, proteínas e graxas», por citar só algúns exemplos da información detallada e de calidade que podemos atopar. Detrás hai un equipo completo de fisioterapeutas e persoal de adestramento, que ofrece un trato excelente e coidadoso nunhas instalacións onde a saúde e o autocoidado son a base para todo o que vén despois.

Celso Emilio Ferreiro, 7 | vigoentrena.es | vigoentrena

The following two tabs change content below.

Maruxa Gesto

Últimos posts de Maruxa Gesto (ver todos)