VIALIA
PLAYDOC

Dez plans para divertirse en Vigo esta fin de semana

Decálogo de plans en Vigo, entre o venres 30 de xuño e o domingo 2 de xullo, para todos os gustos. Se queres coñecer todos os eventos que hai esta fin de semana entra na axenda de A Movida.

Celebracións e actos polo Día Internacional del Orgullo LGBT+

As asociacións viguesas Nós Mesmas e Avante LGBT+ reivindican o día do orgullo con diversas actividades para todos os públicos: Contacontos Diverso para público infantil, Teatro Invertido en seis bares de Churruca, e a manifestación o sábado 1, que sairá da Doblada e rematará na Porta do Sol cunha gran Festa Diversx.

Festival Vive Nigrán – Venres e sábado – Desde 30 €

Dúas xornadas de música en Monte Lourido. O venres de son máis rock, con Nada Surf, Los Enemigos e Morgan e o venres gobernado polo pop e a diversión con Ojete Calor, Samantha Hudson e Javiera Mena. Aínda quedan entradas e abonos á venda.

Verbena da pomba -Venres 30 ás 19:30 no Canellón da Pomba – De balde

Como xa vos contamos neste artigo da revista de xuño, Emaús leva meses traballando en facer do Canellón da Pomba un sitio agradable de encontro para os veciños. Este venres inauguran o espazo cunha verbena aberta ao público con concerto de Tony Lomba, Dj Anelka, proxección e batukada. Esta é a localización en Google Maps.

Solpor feminista en Deilán – Venres ás 20h en Deilán Praia – De balde

O chiringuito cultural a pé de ría organiza unha actividade en conxunto coa Asociación de Mulleres de Vilaboa que consiste nunha conversa sobre gordofobia e a actuación da regueifeira Alba María.

Terraceo: Curtis Harding e La La Love You – Venres e sábado no Mar de Vigo – 20 €

Dobre sesión musical esta fin de semana na terraza do auditorio Mar de Vigo. O venres é o turno do artista estadounidense de blues fusión , Curtis Harding, que ten as entradas esgotadas. O sábado poderemos bailar e cantar a pleno pulmón iso de “Y tú bailando, bailando, bailando…” ao ritmo do pop das madrileñas La La Love You. As entradas custan 20 €.

Festas de Coia – Do venres 30 ao mércores 5 de xullo en Coia – De balde

Atraccións, fogos de artificio, bandas de música tradicional, pasarrúas e as esperadas orquestras América de Vigo , Combo Dominicano e Panorama son algúns dos atractivos das Festas de Coia. Aquí programa completo.

Vigo Jazz Class – Venres e sábado na Alameda – De balde

 A terceira edición do Festival Vigo Jazz Class convídanos a despedir o mes de xuño con catro concertos gratuítos nun dos espazos verdes máis emblemáticos da cidade. Detrás desta coidada selección musical está a cafetería Vitruvia.

PetardBingo – Venres ás 19:30h na Praza do Abanico

Nova edición do PetardBingo Solidario Pride Edition, unha maneira amena e divertida para celebrar a diversidade do barrio do Casco Vello Alto axudando aos demais e gañando múltiples premios. Haberá premios para as liñas e bingos e sorteos de agasallos.

Monólogo de Lorena González “A Trasno” – Sábado ás 22h no Sinatra – Desde 4 €

REVISTA ABRIL

Monologuista por accidente debido ao licor café, Lorena “A trasno” farate esquecer dos teus problemas durante un chisco a base de ironía e de ver o lado malo da vida desde outra perspectiva, aportando o seu particular punto de vista e contando as súas vivencias.

Tonhito de Poi en Deilán – Domingo ás 13h en Deilán Praia – De balde

O coñecido artista multidisciplinar ribeirense presentará o seu disco In Dios, resultado da súa experiencia na selva amazónica, acompañado de Fernando Velasco. Farán un concerto acústico, cargado de humor caustico.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.