VIALIA
PLAYDOC

Arte por saúde, a proposta solidaria da ONG Tierra de Hombres

A ONG Tierra de Hombres estrea a mostra ‘Unha viaxe solidaria e creativa á vida’ con obras de 41 pintores e escultores galegos que busca recadas fondos para financiar proxectos de desenvolvemento. A exposición, que celebra a súa terceira edición e pode verse en Afundación ata 11 de maio, de luns a sábado de 17:30 a 20:30 h.

REVISTA ABRIL

Máis de 40 artistas galegos participan en ‘Unha viaxe solidaria e creativa á vida’, a exposición colectiva con fins solidarios, organizada por terceiro ano pola ONG Tierra de Hombres. Os fondos recadados coa venda das pezas expostas serán destinados ao programa Viaxe cara á vida que financia o desprazamento de nenos desde África a Galicia, para ser operados con certas tecnoloxías das que carecen nos seus países de orixe. Na exposición, coordinada por Francis Marrouch e Pedro Bueno, participaron artistas como Soledad Penalta, Pilar Cancio, Marta Pardo de Vera, Pedro Bueno, Mercedes Molares ou José María de Urda.

Viaxe cara á vida é un programa sanitario promovido pola Fundación Tierra de Hombres, que facilita desde 1995 o traslado a España de nenas e nenos procedentes de países africanos cun baixo índice de desenvolvemento, entre eles Togo, Benín, Mauritania, Senegal, Marrocos e Guinea Conakry, para ser intervidos de diferentes e graves patoloxías que non poden ser atendidas nos seus lugares de orixe por falta de recursos e infraestruturas sanitarias adecuadas. Durante este período foron operados máis de 700 nenos, máis de cen deles en Galicia, de cardiopatías, queimaduras ou problemas traumatolóxicos e maxilofaciais.

No proxecto colaboran de forma altruísta hospitais da sanidade pública e privada: o Hospital Materno Infantil da Coruña, Hospital Clínico de Santiago, o Grupo Hospitalario HM La Rosaleda de Santiago de Compostela e o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo; equipos médicos, voluntariado e familias de acollida.

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.