CANS
GALAXIA

PetardBingo Pride Edition

30xuñ19:30PetardBingo Pride EditionESPECTÁCULOS | De balde19:30(GMT+02:00)

Detalles do eventos

Este venres 30 a partir das 19:30 celébrase na Praza do Abanico (Rúa San Sebastián) do Casco Vello Alto, unha nova edición do PetardBingo Solidario Pride Edition, unha maneira amena e divertida para celebrar a diversidade do barrio axudando aos demais e gañando múltiples premios. O PetardBingo é un evento que vén celebrando desde 2016 e só foi interrompido en 2 edicións pola pandemia do covid-19.

Nesta ocasión PetardPop e a Asociación Casco Lanuxe Alta recadan fondos a través da venda de cartóns para a Asociación Xaruma, ONG viguesa sen ánimo de lucro e aconfesional que se constitúe como unha entidade aberta á sociedade e como medio de intervención social. Levan a cabo un proxecto de fomentar a saúde mediante a formación para diferentes idades e de integración e promoción da saúde emocional e mental para persoas con trastornos mentais e as súas familias.

Haberá premios para as liñas e bingos e ademais múltiples sorteos de agasallos doados polos patrocinadores oficiais do evento.

Máis

Hora

(Venres) 19:30(GMT+02:00)