GALAXIA

Diego Giráldez ofrece as claves da escrita creativa na FNAC

30abr18:00Diego Giráldez ofrece as claves da escrita creativa na FNACACTIVIDADES PARA O COCO|-18:00(GMT+02:00) Fnac Vialia

Detalles do eventos

O escritor Diego Giráldez impartirá dous masterclass de escritura creativa na sede de FNAC de Vigo o martes 23 de abril, Día do Libro, e o martes 30 de abril. As sesións terán unha duración de dúas horas cada unha e nelas o autor, a través da súa propia experiencia, dará algunhas claves e técnicas aos alumnos para descubrir a súa voz literaria e tentar abrirse camiño no mundo editorial.

Combinando teoría e actividades orixinais e creativas de escritura, Giráldez falará da importancia do estilo e a voz literaria, do poder da técnica narrativa, da creación de personaxes, do ritmo e a estrutura da obra, da importancia da corrección e non caer no exceso de literatura ou de como tentar abrirse camiño no mundo editorial cando teñas listo o teu manuscrito. A inscrición pódese realizar a través da plataforma Estudo FNAC.

Contidos das sesións:

1ª Sesión – Martes 23 de abril, de 18:00 a 20:00

-Escribir o que non se ve: a voz literaria. A miúdo, en literatura é moito máis eficaz xerar sensacións que describilas. Esta técnica é unha das que mellor definen a voz literaria do autor.
-A técnica narrativa. É importante saber que técnica narrativa vas utilizar para sacar adiante a túa obra, pola túa propia comodidade pero tamén pola do lector.
-Creación de personaxes: o casting. O mellor personaxe é o que cala no lector. Dá igual que sexa Frankestein, Madame Bovary ou Moby Dick, canto máis real sexa, mellor. O autor dará as claves para conseguilo.
-Ritmo e estrutura. O ritmo e a estrutura son fundamentais para que o lector non salga fuxindo. Existen técnicas para definir que é o máis adecuado en ambos os casos.

2ª Sesión – Martes 30 de abril, de 18:00 a 20:00

-O exceso de literatura. Ás veces crémonos que canto máis bonito escribimos, mellor. Ese é un dos erros que todos cometemos cando empezamos a escribir.
-Corrección eficiente da obra. Hai quen opina que é a fase máis tediosa do proceso de escritura. É posible, pero tamén é a máis importante.
-Os camiños para chegar a publicar Como está o mundo editorial? É fácil publicar a túa obra nunha editorial tradicional? Hai posibilidades?

Prazas limitadas
Prezo: 50€
Prezo socio: 35€

Máis

Hora

(Martes) 18:00(GMT+02:00)

Localización

Fnac Vialia

Plaza de la Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events