CANS
GALAXIA

Este é un evento repetitivo

Vigo Jazz Class

29xuñ21:00Vigo Jazz ClassFESTIVAIS E FEIRAS | De balde21:00(GMT+02:00) Praza Compostela

Detalles do eventos

A música clásica e o jazz volverán soar entre as árbores centenarias da Alameda este verán. A terceira edición do Festival Vigo Jazz Class convídanos a despedir o mes de xuño con catro concertos gratuítos nun dos espazos verdes máis emblemáticos da cidade. Detrás desta coidada selección musical está a cafetería Vitruvia, un espazo que se caracteriza pola música é que moitos xoves ofrece concertos ao vivo.

MÉRCORES 28:

Imagine Jazz Orchestra e músicos da San Andreu Jazz Band
-Artista convidada: Andrea Motis
-Director: Joan Chamorro
Galicia conta actualmente coa súa propia Big Band xuvenil, imagine Jazz Orchestra, formada desde a Fundación Mayeusis de Vigo e co prestixioso músico e pedagogo Juan Chamorro na súa dirección. Nas dúas pasadas edicións, a actuación de Imagine Jazz Orchestra xunto a músicos da San Andreu Jazz Band logrou facer bailar ao público na Alameda, e este ano ademais, abren o festival con Andrea Motis como artista convidada, que con 28 anos e sete discos é unha das actuais figuras destacadas do jazz internacional.

XOVES 29:

De Bach a Glass III:
Vigo Ensemble e Trío Inter
Lucas López, barítono

Como nas dúas anteriores edicións, De Bach a Glass reúne unha coidada selección de música clásica desde 1700 á actualidade, interpretada por músicos galegos e relacionados con Galicia, tanto novos talentos (Paula Diz, violín), músicos de gran traxectoria (Rasa Biveiniene, piano), como estudantes destacados de proxección internacional (Lucas López, barítono galego actualmente formándose en Suíza). Reúnense para este concerto músicos que destacan tamén como docentes (Luís Caballero, violoncelo; Fernando Raña, frauta), e pianistas clásicos consolidados na nosa comunidade (Iván Fernández e Rodrigo Portela). Todos eles, para gozar dun percorrido por obras de Bach, Schubert, Chopin, Strauss,
Glass, e outros, co obxectivo de achegar esta gran música ao goce de todos.
Vigo Ensemble: Paula Diz (violín), Iván Fernández (piano), Rodrigo Portela (piano) e Lucas López (voz)
Trío Inter: Rasa Biveiniene (piano), Luís Caballero (violoncelo), e Fernando Raña (frauta)

VENRES 30:

Alfonso Medela Trío
Alfonso Medela (piano), Óscar Rodríguez (contrabaixo) e L.A.R. Legido (batería).
Alfonso Medela é un dos artistas máis galegos e máis explosivos. Pianista nado no Carballiño, construíu a súa formación xuntando a técnica clásica cos recursos expresivos e a improvisación do jazz. Recoñéceselle no noso panorama nacional como un dos músicos máis versátiles. Acompáñano outros dous músicos de alto nivel, como Óscar Rodríguez (contrabaixo) e L.A.R. Legido (batería). Os tres son habituais dos principais festivais de jazz e das principais salas. A súa especial conexión co público é sempre espectacular nos seus concertos.

SÁBADO 1:

Vig Band Barroco II
Orquestra 430
Beatriz Areas, soprano
Director: Pablo Puga
A partir de 2010, e a través do decisivo apoio do Concello de Vigo, a Orquestra 430 consolídase como a gran orquestra da cidade, formada a partir dunha gran xeración de músicos formados nos Conservatorios galegos. Protagonizan a clausura da terceira edición do Festival Vigo Jazz-Class interpretando o programa Vig Ban Barroco II. Pezas tanto espectaculares como emotivas do Barroco, entre as que se intercalan arias de óperas, algunhas moi coñecidas, interpretadas pola talentosa soprano viguesa Beatriz Areas, e todo baixo a dirección do novo e xa prestixioso director Pablo Puga.

Todos os concertos serán de acceso libre e comezarán ás 21:00 h. 

Máis

Hora

(Xoves) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Praza Compostela

Praza de Compostela 36201 Vigo Pontevedra

Other Events