VIALIA
PLAYDOC

Ziggy Alberts, Luis Zahera e Oswaldo Digón completan o cartel do Terraceo

O australiano Ziggy Alberts é a última incorporación ao cartel musical dos concertos na azotea do Auitorio Mar de Vigo. Luis Zahera e Oswaldo Digón protagonizarán a velada de humor que nunca falta nesta programación. As entradas para os 14 espectáculos programados para este verán están dispoñibles na web do Auditorio.

A quinta edición do Festival Terraceo pecha o cartel da súa quinta edición cunha confirmación musical internacional e outra de humor galego.  Esta nova edición, que comeza o 11 maio e remata o 7 de setembro, propón desde artistas locais como Rebeliom do Inframundo ata músicos internacionais con exitosas traxectorias, pasando por artistas nacionais como Los Secretos con Pancho Varona, Christina Rosenvinge, Los Estanques, Niño de Elche, Carlos Tarque e Ángel Stanich.En total serán 14 espectáculos que poderán desfrutarse coa posta de sol nas Illas Cíes como pano de fondo.

A derradeira artista en unirse ao programa é o australiano Ziggy Alberts, un cantautor folk de aires actuais como os de Jack Johnson, Ray LaMontagne ou Ben Harper. Recalará o 27 xullo na terraza do Mar de Vigo dentro da súa xira mundial “New Love”. É a cuarta confirmación dun artista internacional o cartel do Festival Terraceo, onde tamén atopamos ao cantante de jazz José James, a banda de rock estadounidense The Jayhawks e o sueco The Tallest Man on Earth.

Nesta edición, como xa é tradición, o humor tamén terá o seu lugar. A actuación de Luis Zahera e Oswaldo Digón será unha ocasión única de gozar de dous monstros do humor galego xuntos nun dos mellores escenarios ao aire libre das Rías Baixas.

REVISTA MAIO

As entradas xa están á venda na web do Auditorio Mar de Vigo e os prezos dos espectáculos oscilan entre entre os 20 e os 40 euros.

Programación TerraCeo 2024

11/05 The Rapants
24/05 Rebeliom do Inframundo
31/05 Ángel Stanich
01/06 Los Secretos e Pancho Varona
08/06 Niño de Elche
14/06 Christina Rosenvinge
15/06 The Jayhawks
20/07 José James
21/07 Tarque y la Asociación del Riff
26/07 Los Estanques (Cambio de data!)
27/07 Ziggy Alberts
27/07 Ziggy Alberts
30/08 Niña Polaca
07/09 The Tallest Man on Earth

The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.