CANS
XERAIS

Vive Nigrán

30xuñVive NigránFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 28,00 €(xuño 30) 19:00(GMT+02:00) Campo de Fútbol de Montelourido

Detalles do eventos

O festival Vive Nigrán arrinca este venres a súa sexta edición no campo de fútbol de Monte Lourido, cunha ampla programación para todas as idades e actividades complementarias. O festival volve a unha contorna privilexiada xunto a Praia América, coa colaboración do Concello de Nigrán. Os abonos e as entradas para o venres e o sábado están dispoñibles en vivenigran.com

O artel musical está composto por Nada Surf, Los Enemigos, Morgan e Morreo o venres e Ojete Calor, Javiera Mena, Samantha Hudson e The Rapants o sábado. O fin de festa correrá a cargo de Señora DJ ambas xornadas.

Desde o seu nacemento, Vive Nigrán é moito máis que música e busca a integración coa contorna e o patrimonio. E por iso, nesta edición volven as actividades complementarias con propostas para todos os públicos a través das accións de Vive sostible, Vive patrimonio, Vive igualdade e Vive activo.
Este sábado 1 de xullo está programado un concerto dentro de Vive patrimonio, coa colaboración do Concello de Nigrán e a Deputación de Pontevedra, a partir das 13:30 horas, na Praia de Nigrán, con acceso gratuíto. O concerto contará coas
actuacións de Caro Lemos, Sara Casas e María Gabeiras, do programa ‘Descúbreas’ da Deputación de Pontevedra.
O mesmo sábado as actividades chegan ás praias. Dentro da programación de Vive activo están previstas un roteiro de kaiak turístico en colaboración co Club Marítimo de Panxón, no peirao de Panxón, que será gratuíta para aqueles que
teñan unha entrada ou abono para o festival, limitada a 10 prazas. Haberá tamén unha actividade de Iniciación ao Surf, en colaboración coa Conserveira do Surf, na praia de Patos (cun custo de 10€ por persoa cada unha e idade mínima de 5 anos). Para ambas as actividades aínda hai prazas dispoñibles e a inscrición realízase a través do correo electrónico comunicacion@vivenigran.com estas actividades complementarias do festival realízanse coa colaboración da Deputación
de Pontevedra, dentro do programa Rías Baixas Fest.

As entradas están á venda a través da web do festival. Os abonos teñen un prezo de 50€ máis gastos de xestión e as entradas de día 28€ máis gastos. Os menores ata 5 anos terán acceso gratis ao festival (máximo 2 nenos por adulto).

Máis

Hora

Xuño 30 (Venres) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Campo de Fútbol de Montelourido

Rúa Lourido Beiramar, 27, 36370 Nigrán, Pontevedra

Other Events