Colexio San José de Cluny
Sendo fiel á premisa que define o primeiro cole como a segunda casa, o colexio San José de Cluny é un centro concertado e plurilingüe que acolle alumnado desde a etapa infantil ata o bacharelato, prometendo un ambiente moi familiar.
Este colexio, pertencente á congregación evanxelista das Irmás de San Xosé de Cluny, aposta por unha aprendizaxe baseada en diversas metodoloxías: traballo por proxectos, traballos cooperativos, plans propios ou programas internacionais como Erasmus+. As instalacións contan cunha extensión de mais de 10.000 metros cadrados dedicados a unha aula de música, aulas tecnolóxicas, biblioteca, capela, emisora de radio, laboratorios, polideportivo, e salón de actos. Disque as mellores herdanzas que se poden deixar son a autonomía e a educación, polo que neste centro se lle dá moita importancia aos valores. Este colexio potencia a competencia dixital con novas tecnoloxías e fomentan a inmersión lingüística do inglés desde os tres anos e en francés desde primeiro de primaria.
San José de Cluny conta cun horario amplo en infantil e primaria. Para axudar á conciliación familiar, disponse dun servizo madrugador e un programa de actividades extraescolares a favor do deporte na infancia, contando cun club deportivo propio.
As portas deste centro están abertas durante todo este mes, para o que se pode solicitar cita por teléfono ou a través das redes sociais.
Enderezo postal: rúa do Carballo, 46
Redes sociais: @cluny_vigo
Teléfono: 986 49 35 01
Web: clunyvigo.es
Últimos posts de Lourdes Tomé (ver todos)
- Mobility Kids: a mobilidade como centro da saúde - 10 Xullo, 2023
- Kids&Us, inglés desde o primeiro - 22 Xuño, 2023
- Un verán no xardín - 5 Xuño, 2023
- Nubes Blancas, actividades estivais adaptadas aos máis pequenos - 24 Maio, 2023
- La Fábrica Fotografía: comungando cos recordos - 14 Abril, 2023