VIALIA
bannerPicnicSesions

Colexio San Fermín

Naceu hai máis de medio século como academia no barrio do Calvario e mantén a mesma filosofía desde entón: a educación integral e en valores. Este pequeno centro concertado de educación infantil e primaria foi galardoado pola asociación de Centros de Galicia co Premio á Excelencia Educativa 2019. A convivencia, a estimulación e a innovación son conceptos que resoan con forza nesta escola da rúa da Travesía de Vigo.

Malia levar o nome dun santo, o colexio mantén un carácter laico. Aquí dáselle moita importancia ao contacto coas familias; tanto é así que pais, nais e demais familiares responsables poden contactar a través de WhatsApp coa titoría ou mesmo coa xunta directiva do centro. Ademais o trato co equipo docente é diario, dando pé a falar antes e despois das clases. Nestas aulas trabállase en grupo e por proxectos, hai seccións plurilingües nas clases de plástica e lévanse a cabo diversas metodoloxías como as matemáticas manipulativas ou o traballo baseado en xogos.

REVISTA ABRIL

Con todo, o eixe central é a biblioteca. O colexio San Fermín está adherido a varios plans da Consellería de Educación para a mellora do espazo lector: clubes de lectura, un programa de lectura en familia ou mesmo unha radio específica. Posúe un comedor administrado pola empresa Calidus Catering Service. O centro ten un horario continuado, das 9:00 ás 14:00 h, cun servizo de entrada desde as 8:30 h, e ofrece actividades extraescolares das 15:30 ás 17:30 h.

Recomendamos poñernos en contacto co colexio para concertar unha cita presencial se nos interesa este centro para a nosa rapazada.

Enderezo postal: rúa da Travesía de Vigo, 96
Enderezo electrónico: cpr.sanfermin.vigo@edu.xunta.es
Teléfono: 986 27 21 95
Web: colexiosanferminvigo.es

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.