CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Anainas, cosmética saudable para os cativos

Anainas nace coa inquietude de crear unha liña de cosméticos o máis saudable posible e apta para a pel dos máis cativos. Todos sabemos o sensible que pode ser a pel dos máis pequerrechos e o importante que é o seu correcto coidado.  Estes produtos están especialmente deseñados para a infancia, son naturais, veganos e sostibles. As materias primas son de orixe vexetal, tales como a manzanilla, o tomillo… non teñen perfumes nin colorantes engadidos e están libres de transxénicos. De aí o seu cheiro peculiar a natureza!

Esta cooperativa formada por Raquel, Laura e Silvia busca unha forma de vivir lóxica e sinxela, creando os mínimos produtos posibles para o coidado da pel. Por esta razón a súa liña de venda está formada tan só por 2 produtos: xel & champú  e crema hidratante. Garanten así a máxima calidade en cada un destes cosméticos os cales podemos adquirir de  maneira individual ou en packs esenciais.

A crema hidratante facial e corporal (24,90€) está especialmente formulada para a infancia, ideal para todo tipo de peles mesmo as máis sensibles e esixentes. Apta desde o primeiro día para bebés, peques e persoas adultas. Hidratante, protectora, emoliente, antioxidante e calmante. Potencia o efecto barreira da pel e brinda alivio e protección en peles irritadas, arroibadas ou con proído. Con ingredientes naturais, sostibles e de orixe vexetal. Sen perfumes nin colorantes engadidos. Libre de transxénicos.

O Xel e Champú ( 24,90€) está igualmente deseñado para a infancia. Resulta perfecto para todo tipo de peles, mesmo as máis sensibles e problemáticas. Indicado para recen nacidos, bebés, nenos e nenas máis maiores e persoas adultas. Hidrata, suaviza e limpa con delicadeza respectando a barreira dérmica. Rexenera e restaura o equilibrio da pel e o cabelo. Achega calma e alivio á irritación, non pica nos ollos. Aclárase facilmente. Grazas aos seus principios activos orgánicos e aos seus  tensioactivos suaves e naturais é ideal para todo tipo de peles. Todos os seus ingredientes son naturais, sostibles e de orixe vexetal.

O Pack esencial (47,50€), combina estes dous productos mencionados na hixiene e hidratación diaria do coidado infantil potenciando así as súas propiedades e mantendo a súa pel limpa, sa e protexida. Como dixemos anteriormente, todos os seus ingredientes son naturais, sostibles e de orixe vexetal, sen perfumes nin  colorantes engadidos, libre de transxénicos. Son considerados productos veganos.

O compromiso de Anainas é tal que contribúen en diferentes proxectos que axudan a acadar os Obxetivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas como a produción e consumo responsable co seu ecodeseño de packaging ou a inserción laboral da muller en situación de exclusión social encargándose de producir as Cestas Benvida que a Xunta dá aos recén nados nos hospitáis. Se queres coñecer un pouquiño máis desta marca galega, podes visitar a súa páxina web ou seguir os consellos ofrecidos no seu blog.

Web: www.anainas.com

CAMELIAS NADAL

Facebook: @anainas.skinpeace

Instagram: @anainas.skinpeace

Pinterest: @anainascoop

The following two tabs change content below.
Educadora Infantil e Educadora Certificada en Disciplina Positiva pola Asociación Española e Americana. É ademais nai de dous pequenos que, segundo di, son os que a fan medrar e aprender cada día. Encántalle a natureza e viaxar aínda que a súa maior paixón son os nenos e a infancia como demostra no seu blog Little Scaler, onde aposta pola crianza respectuosa e amosa que criar sen berros e sen castigos e posible.