VIALIA
bannerPicnicSesions

Un taller de Valladares fabrica 400 máscaras con tallas para os máis cativos

Dúas webs galegas unen forzas neste proxecto solidario sen ánimo de lucre, achegando teas e recursos de organización e entrega para fabricar máscaras do máis animadas.

MrBroc.com e Regaloalprofe.com son dúas webs galegas especializadas en agasallos personalizados con debuxos. Desde estes dous e-commerce están a impulsar unha campaña solidaria dirixida á doazón de máscaras aos cidadáns pensando, de maneira especial, nos máis pequenos. A entrega das primeiras 400 máscaras tivo lugar este martes 14 de abril na Farmacia  Vieitez López, de Vigo.

REVISTA ABRIL

O obxectivo da iniciativa é dobre, ademais de doar un produto tan necesario e cun problema de abastecemento, preténdese contribuír á economía local, encargando a fabricación a pequenos talleres de confección de Valladares.

Estas máscaras non son homologadas, pero serven para reducir o risco de contaxio por coronavirus nas rutinas cotiás. Están confeccionadas con teas divertidas, alegres e cheas de debuxos infantís, que achegan un sopro de alegría e enerxía tan necesario en momentos tan duros como os que estamos a vivir.  MrBroc pensou especialmente nos máis pequenos, fabricando tallas para nenos, xa que é este grupo uno dos principais  vectores de contaxio.

Para que esta iniciativa teña o máximo impacto abriuse un proxecto de crowfunding na plataforma GOFUNDME (  https://www.gofundme.com/f/mascarillas-ninos-covid19), a través do cal todos os interesados poden contribuír ao financiamento desta iniciativa solidaria.