Que facer esta fin de semana en Vigo
Comezamos o derradeiro mes deste ano tan movido cunha fin de semana chea de actividades. Aquí 10 propostas de música, arte, teatro, Nadal e moitas outras actividades para facer en Vigo estes días, incluíndo opcións para a ponte! Para todas as actividades pódese ampliar a información premendo no título. Na axenda de eventos de A Movida encontraredes moitos máis eventos.
Acendido de luces + actividades de Nadal – Venres en El Corte Inglés – De balde
O tradicional acendido de Nadal no centro comercial El Corte Inglés volve cun show que recrea unha historia máxica sobre a chegada do Nadal que culminará coa presenza da súa personaxe máis especial: Papá Noel. Un espectáculo cheo de sorpresas onde o público infantil será o gran protagonista. Ademais, durante todo o mes de decembro ofrecen varias actividades para adultos e cativos.
Inauguración Encrucillada – Venres ás 20h no CC A Laxe – De balde
Alterarte presenta a feria de Nadal ‘Encrucillada’, coa participación de máis de 20 artistas, onde podemos atopar o estilo creativo ou a técnica que mellor represente para ti o que cada un de nós busca na arte. A exposición pode visitarse ata o 8 de xaneiro.
A banda da Loba – Venres ás 20h no Auditorio do Concello – De balde
A Concellería de Igualdade organiza un programa de actividades de sensibilización con motivo da conmemoración do 25N, Día Internacional da eliminación da violencia de xénero, que inclúe o concerto de A banda da Loba. Un grupo de música galega integrado por cinco mulleres que, mesturando pop, blues, folk, rock e sons tradicionais crean un estilo musical propio, heteroxéneo e singular.
Narracións imprevistas – Venres ás 20h na Sala Ártika – Desde 10€
Jorge de Arcos e Santi Prego tentan parar o mundo coas suas historias improvisadas. Ás veces acertan, e hai un momento altamente poético. Pero é máis divertido cando fracasan.
Peter, el musical – Venres, sábado e domingo no Mar de Vigo – Desde 38€
Súper produción con máis de 20 artistas en escena e a última tecnoloxía teatral en luces, son, escenografía e voos, para vivir a maxia desta aventura inesquecible. Desde a recreación dunha casa londiniense de ilusión onde Wendy, John e Michael coñecen por primeira vez a Peter, ata o prestixioso barco pirata do temido Capitán Garfio con toda a súa tripulación a bordo.
Tributos – Venres e sábado na Casa de Arriba – 5€
A Casa de Arriba organiza un ciclo de concertos tributo a músicos míticos da historia, da man de artistas locais. O venres é a quenda de Charles Rapante, que interpreta a Robert Wyatt; e o sábado tócalle a Adrian Timms, interpretando temas do Britpop.
Taller Paint&Wine – Sábado ás 17h en Taller Alaselva – 50€
Alaselva trae a Vigo esta actividade tan de moda nas grandes cidades. Paint&Wine é un taller no que durante tres horas os asistentes pintan un cadro tomando un viño (cervexa, refresco…). O mellor é que non non é necesario ter experiencia xa que é un cadro guiado e ao rematar, os participantes levan unha obra para casa lista para colgar. Nesta ocasión, a pintura escollida é ‘Centola e cítricos’ de Luís Seoane.
Bulego + Berto – Sábado ás 21.30h na Sala Rebullón – Desde 12€
O galego Berto presenta o seu novo disco, ‘SINTO’, acompañado no directo dunha sorprendente banda con María Soa e Lorena Cachito. Ademais, a Sala Rebullón tamén acolle, na súa primeira vez en Galicia, ao grupo revelación do ano en Euskadi: Bulego.
Festa V Aniversario – Luns ás 21h na Sala Doppler – Desde 5€
Doppler celebra o seu quinto aniversario por todo o alto, cos concertos de Fillas de Cassandra e Kings of the Beach e afterparty coa intervención de High Paw, Royce Rolo, DJ Rapante, Bruno Baw, Elboy.94.remix, El sambo e Llxnto.
CityBlue Film Festival – Do luns ao venres en varias localizacións – De balde
Este Festival cinematográfico internacional celebra a súa 6ª edición por primeira vez en Vigo. Un proxecto que busca ofrecer unha canle de difusión a directores e produtores. Durante toda a semana da ponte ofrecen estreas, tanto de filmes como de curtametraxes, de diferentes xéneros en varios puntos da cidade.
Inés García
Últimos posts de Inés García (ver todos)
- Recomendacións para despedir o Nadal coma Reis en Vigo - 4 Xaneiro, 2023
- Que facer en Vigo a última semana de 2022 - 28 Decembro, 2022
- As nosas recomendacións para despedir o ano en Vigo - 27 Decembro, 2022
- Un Nadal cheo de actividades para toda a familia - 23 Decembro, 2022
- Bad Gyal, Jorge Drexler e La M.O.D.A entre as primeiras confirmacións do Festival Portamérica - 20 Decembro, 2022