ASNEVES
REVISTA MAIO

Fredi Leis

25nov21:00Fredi LeisCONCERTOS | 10,00 €21:00(GMT+01:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, anunciou este martes unha nova data da programación musical dos Concerto do Xacobeo en Vigo. Trátase da actuación do cantautor compostelán Fredi Leis, que presentará o vindeiro 25 de novembro (21:00 horas) no Teatro Afundación o seu novo álbum “Temas privados”. As entradas para este novo evento do Xacobeo 21-22 sairán á venda na plataforma www.ataquilla.com este 15 de setembro ás 10:00 horas.
Frei Leis lembrará éxitos de traballos anteriores e presentará, por primeira vez en directo, o seu novo disco “Temas Privados”, un proxecto con 10 cancións inéditas como ‘La Novena’, ‘Deja Vu’ ou ‘Nivel Experta’. Cun directo espectacular, o galego esgota localidades alá onde actúa, sendo teloneiro de artistas como Rozalén, Malú ou Alejandro Sanz.

Ademais, Fernández-Tapias destacou que este vindeiro domingo (21:00 horas) pecharase o Ciclo Xacobeo Vigo coa actuación do grupo Mayumaná no Auditorio Mar de Vigo. Tamén no mesmo escenario estará o grupo Fito y Fitipaldis o 28 de outubro (21:30 horas), dentro da programación dos Concertos do Xacobeo.

Máis

Hora

(Venres) 21:00(GMT+01:00)